A revista
A Revista
22/07/2022 12:30 h
Índice de contidos
Adiantamos os temos da 'Revista' deste venres 22 de xullo
Atentos os amantes do cine, que volven as Xociviga. As xornadas de cinema e vídeo de Galicia. Vanse celebrar no Carballiño e están previstas para a vindeira semana. Falamos cun dos membros da organización, Mario Fernández
Xa hai datas para o festival internacional de teclado Eurocidade Tui-Valença. Este ano vai ter lugar entre o 19 e o 26 de agosto
Coñecemos catro proxectos para recuperar e conservar o Patrimonio galego. Conversamos con Carlos Fernández Coto, presidente de APATRIGAL, asociación para a defensa do patrimonio cultural galego
Repasamos a situación dos incendios nas provincias de Lugo e Ourense
Botamos a ollada ao Universo para descubrir as imaxes que nos manda o telecospio James Webb. Descubrimos os segredos do cosmo coa astrofísica da UVigo Ana Ulla
Tal como fixemos durante toda esta semana, volvemos a seguirlle a pista a frota de peregrinación Iacobus Maris. Están as portas de Vigo, entran esta tarde en porto
Coñecemos os detalles dos Fogos do Apóstolo e pulsamos o ambiente na praza do Obradoiro
Tempo para os animais. Octavio fálounos da morte dos gatos
Diego adiántanos a previsión do tempo para as vindeiras horas
Despedimos coa música de Bonnie Tyler que actúa hoxe en Ferrol