A revista
A 'Revista'
25/05/2022 12:30 h
Índice de contidos
Adiantamos os contidos da 'Revista' deste 25 de maio
Como frear o abandono do mundo rural e favorecer que volva ser un espazo produtivo e atractivo para vivir? Arredor destas cuestións tan esenciais para o futuro do agro estiveron reflexionando na Estrada os participantes dun congreso organizado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
O máis visto nas redes sociais con Ana Gayoso
Aprender a facer surf sen esquecer que para poder gozar do mar é vital axudar a coidalo é o obxectivo dunha serie de cursos para escolares que se están a desenvolver en praias de toda España. Hoxe aprendemos con eles en Malpica
Sección médica con Manuel Viso: variola do mono, o móbil non produce cancro, clándula tiroides, ocos nas fazulas, os perigos das barbacoas, as cenouras non broncean e o zume e o leite poden tomarse xuntos. Tamén falamos con Alejandro Marín, o representante da OCU que levan unha demanda contra a obsolescencia programada do iPhone e advertiunos de chocolates que levan cacahuetes e non o advirten
Encarecen os alugueiros de vivendas de cara o verán, sobre todo nas Rías Baixas
Mabel adiántanos a información do Tempo para as vindeiras horas
Despedimos coa música en directo de Fredi Leis