A revista
A revista
05/05/2022 12:30 h
Índice de contidos
Adiantamos os contidos de 'A revista' deste xoves 5 de maio
Mercedes Nodar ensínanos a plantar e entitorar pementos de Padrón
En Allariz coñecemos a biodiversidade da zona cun grupo de cativos
Quen non se lembra da matrona que atendeu o parto dos seus fillos? Profesionais que axudan a vir a este mundo a millóns nenos ao día. Fixérono nas casas e nos hospitais. Hoxe celebramos o Día das Matronas con Cristina Lojo, matrona Álvaro Cunqueiro, e Isaura Martínez, matrona xubilada
Novidades e xiro no caso Déborah. A loita da familia estaba moi ben encamiñada desde un principio. Soubemos nas últimas horas que o ordenador de Déborah foi manipulado cando xa o tiña a policía. Nacho Amoedo é o avogado da familia
Seguro que xa o notaron: a escalada dos prezos dos carburantes non para. Xa hai gasolineiras en que o litro de gasóleo supera os dous euros
E vostedes? Están de acordo en que bares e restaurantes pechen ás 23:00? Algúns hostaleiros poñen esta opción sobre a mesa. Imos ver que opinan desde a hostalaría de Compostela, Thor Rodríguez, e a opinión da xente de rúa tróuxoa Moncho Lemos
Na Cidade da Cultura podemos visitar ata o mes de agosto a mostra 'Obxectos de desexo. Surrealismo e deseño', unha escolma de obras que non vai deixar ninguén indiferente