A revista
A Revista
29/03/2022 12:30 h
Índice de contidos
Adiantamos os contidos de 'A revista' deste martes 29 de marzo: afondamos na alopecia feminina, escoitamos as queixas dos usuarios de Renfe, reactívase o turismo, novas rutas nos aeroportos, sentenza pioneira dun gandeiro contra unha empresa láctea
A MOEXMU, a Mostra Exposición de Muimenta, en Cospeito, volve esta fin de semana. Será unha edición moi especial, despois de dous anos sen poder celebrarse por mor da pandemia e tamén porque este ano acollerá o concurso autonómico da raza frisoa, onde se escollen as mellores vacas leiteiras de Galicia
Felicitamos os compañeiros da Radio Galega. Fan 37 anos e celébrano coa estrea dun novo estudio multimedia
Xiana Albor fálanos das plantas invasoras que temos por Galicia e como evitar a súa expansión
Unha industria láctea terá que devolverlle a un gandeiro de Lugo unha penalización, di o tribunal, inxustamente cobrada. Multárono con 14.000 euros, o leite de todo o mes pola análise dunha muxiduría. Explicámosllelo co avogado que levou o caso, Albert Poch
O Goberno anuncia que o vindeiro venres haberá unha rebaixa do combustible de 20 céntimos para todos os usuarios
Julio López, presidente da Federación Galega de Estacións de Servizo infórmanos de que non se lles comunicou nada sobre o plan do Goberno de bonificar a baixada do combustible. Asegura que as pequenas e medianas estacións de servizo non poderán asumir adiantar as bonificacións
Xa levan meses coas protestas, pero non se renden. Queren solucións, e canto antes mellor. Falámoslles dos afectados polos horarios de Renfe. Roberto Boullón, da plataforma de afectados, e Miguel López Crespo, secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia
A pandemia parece que comeza a normalizarse e nótanse as ganas de viaxar. Comprobámolo desde a visión das axencias de viaxe con Javier Fontao, e do turismo rural Francisco Almuíña, presidente de Fegatur
Asistimos en directo ao concurso do mellor sommelier galego
A labazada de Will Smith ao presentador da gala dos Óscar segue dando que falar. Pero hai un fondo. A súa reacción, non xustificada, foi por un comentario á súa muller, Jada Pinket. Sofre alopecia autoinmune, pero que é esta doenza? Explicóunolo o dermatólogo Hugo Vázquez
Hoxe é un día de fútbol moi especial na Coruña, porque na cidade herculina xoga a selección española, e iso é todo un acontecemento
Noelia adiántanos a información do tempo
Despedida de 'A revista' do 29 de marzo