CRTVG

Buscar

A revista

A Revista

22/03/2022 12:30 h

Índice de contidos

00:00 Adiantamos os contidos de 'A revista' deste 22 de marzo: recrúa o paro dos transportistas, desmontamos mitos sobre o aceite de xirasol, avances médicos no cancro de mama, conmemoramos o Día da Auga e novo espectáculo de Pedro Volta
02:56 No tempo de 'O agro', coñecemos como lles afecta aos distintos colectivos do sector a chegada ao mercado da IXP Pan Galego. O selo de calidade esixe certos requisitos, como a utilización de fariña de trigo autóctono, cun mínimo dun 25 %.
07:50 No Día Mundial da Auga homenaxeamos os nosos ríos con Xiana Albor e con David Arcay, campión do mundo de pesca
14:30 O ilusionista Pedro Volta presenta o seu novo espectáculo: 'Ilusionante'. Sorprendeunos en directo cun xogo de maxia
27:40 Avances na loita contra o cancro de mama máis agresivo. Contóunolo Toni Celiá Terrasa, xefe do grupo de células nai e metástase do Instituto Hospital do Mar de Investigacións
31:56 Paro de transportistas: atendemos a votación dos socios de APETAMCOR, estamos en directo na manifestación que fixeron na Coruña, na marcha de vehículos por Lugo, na protesta dos agricultores en Xinzo de Limia e nunha gasolineira de baixo custo
43:43 Mitos do aceite de xirasol e de oliva. Alternativas e bondades dos aceites vexetais coa nutricionista Lidia Folgar
55:40 Mabel adiántanos a información do tempo
58:25 Despedimos con Novidades Carminha. O grupo sepárase. Comunicárono a través das redes sociais. Despois de 14 anos, cinco discos de longa duración e centos de concertos en España, EUA e México

Atopar capítulo por: