CRTVG

Buscar

A revista

A Revista

04/03/2022 12:30 h

Índice de contidos

00:00 Adianto dos contidos do programa: ataque militar a maior central nuclear de Europa situada en Ucraína. Continua a fuxida de refuxiados. Declaran os familiares dos desaparecidos no naufraxio do 'Villa de Pitanxo'. Discrepancias entre a empresa e os traballadores do servizo de limpeza da Coruña. Alerta mundial polo aumento da obesidade, Increméntanse as adicións aos videoxogos. Catro Soles Repsol para Gaicia
02:55 A cociña galega segue triunfando. Hoxe saboreamos pratos de mar e de terra. Con tradición e con innovación. Recibimos os últimos Sol Repsol. Marco Varela, Sábrego en Ribadavia, José Manuel Magaz, asador Soriano, Lydia del Olmo e Xosé Magalhaes de Ceibe e o outro novo Sol Repsol para Landua en Mazaricos
13:01 Hoxe celébrase o Día Mundial contra a Obesidade, unha doenza que acurta a vida entre 5 e 10 anos e que se pode evitar con hábitos saudables, como por exemplo unha alimentación adecuada dende a infancia
17:40 Falamos de videoxogos. Desde distintos puntos de vista. A OMS incluíu a adicción a este tipo de xogos dentro da listaxe de enfermidades mentais. Pero hai expertos que falan dos seus beneficios se se fai un uso responsable. Olegario Sampedro é mediador educativo, José Manuel Recouso, psicólogo clínico
31:49 Suprímense as corentenas e o rastrexo dos contactos estreitos
33:00 Noveno día de guerra en Ucraína. Analizamos a situación co historiador Xosé Manuel Núñez Seijas
46:31 Declaración dos familiares dos falecidos no Villa de Pitanxo. Compareceron ante a Comisión de Investigación de Accidentes Marítimos. Durante máis de dúas horas responderon as preguntas dos investigadores
49:38 Recrúa o conflito no servizo de recollida do lixo na Coruña. A declaración de emerxencia sanitaria posibilitou a recollida de centos de toneladas de residuos nas rúas nestes últimos días, pero onte finalizaron as negociacións entre a concesionaria e o comité de empresa
52:04 En Ribadavia, atópase hoxe o gran grupo de autocaravanas que están facendo unha ruta por denominacións de orixe de viño de Galicia. Reivindican o peso turístico das autocaravanas e animan a que autocaravanistas nacionais e internacionais escollan o noso país para os seus percorridos e as súas estancias
54:02 Seguimos conversando sobrre a guerra en Rusia co historiador Xosé Manoel Núñez
01:00:19 Información do tempo. Alerta no mar por temporal e Mabel advírtenos tamén do frío
01:02:54 Despedimos a 'Revista' deste venres 4 de marzo

Atopar capítulo por: