A revista
A Revista
28/02/2022 12:35 h
Índice de contidos
A crise en Ucraína e a chegada dos primeiros refuxiados abren o discurso informativo de 'A revista'. Tamén falaremos no programa da suba do IPC, do prezo da luz e a xuntanza que os familiares dos mariñeiros do Villa de Pitanxo mantiveron na subdelegación do Goberno. Estaremos en directo nalgún dos puntos onde hoxe se celebra o Entroido
'Sofía Casanova. A obreira do pensamento', estrea na TVG o vindeiro mércores. Falamos con dous dos actores: Paula Cereixo e Fran Paredes
Conversamos sobre as bondades do pan con Diego Marín. Acaba de recibir o premio especial de mellor pan feito con masa nai
Sentenza pioneira do TSXUE que abre as portas a cambiar a lexislación española sobre as empregadas do fogar. Conversamos co avogado que levou a demanda, Javier de Cominges, e con Soledad Lucero, presidenta da asociación de Mobilidade Humana
Pendentes de todas as novidades relacionadas co naufraxio do Villa de Pitanxo. Os familiares dos desaparecidos xa poden comezar os trámites para declarar falecidos os seus. Explicáronlles como facelo representantes do Instituto Social da Mariña
Mesa de sucesos: naufraxio Villa de Pitanxo, xuízo contra un dobre crime machista en Vitoria, acoitelamento mortal en Cidade de Rodrigo
A luz marca hoxe o prezo máis alto do que levamos de ano. Chegará aos 277 euros o megawatt. As portas das compañías hai ringreiras de xente pedindo explicacións das súas facturas
A inflación volveu dispararse en febreiro ata o 7,4 por cento respecto do mesmo período do ano pasado
A cidade da Coruña está en situación de emerxencia sanitaria polos problemas no servizo de recollida de lixo e limpeza de rúas
Luns de Entroido, luns borralleiro. Na praza da Picota de Laza volveron voar os farrapos e saíu a Morena
Mabel adiántanos a información do tempo para as vindeiras horas
Despedimos con imaxes de algún dos entroidos máis tradicionais de Galicia