A revista
A Revista
23/02/2022 12:35 h
Índice de contidos
Unha das imaxes o día: Pablo Casado no Congreso dos deputados, aplaudido polos seus, preguntando a Sánchez e marchando do hemiciclo. Recompilamos tamén toda a información que nos chega do naufraxio do Villa de Pitanxo. A última hora sobre a baixada das restricións. O día de Rosalía e a apertura dunha fenda no encoro de Vilamartín de Valdeorras
No tempo do Agro, imos coñecer o traballo que desenvolve desde hai anos unha colleiteira do Ribeiro que fai viños con personalidade propia. Todas as súas elaboracións son de garda, pasan un mínimo de dous anos na adega antes de saír ao mercado
Buscamos nas redes sociais o máis visto: David Beckham presume de comer conservas galegas, falamos cun dos responsables de conservas Peperete. Uns pais asinan uns contrato cos fillos ao mercar unha videoconsola. Martiño Rivas interpretará a Nacho Vidal nunha serie. Os momentos máis divertidos dos Gemeliers e Roberto Vilar no 'Land Rober'. Julia Janeiro presume do seu útimo retoque. Esther Estévez amósanos como toca a gaita no 'Luar'. Fonsi Nieto e Marta Castro sepáranse. A contorna da infanta Cristina asegura que non é posible unha reconciliación
Pablo Casado, no Congreso dos deputados
Recollemos toda a información do Villa de Pitanxo. Conversamos co avogado experto en asuntos mariños Alipio Santiago e co enxeñeiro aeronáutico Guillermo Gefael. Conectamos en directo co Río Caxil, que colabora na busca dos desaparecidos. Desde Marín trasladamos as inquietudes dos familiares
Repasamos a actualidade relacionada coa pandemia co doutor do Hospital San Rafael Manuel Viso
Ábrese unha fenda do encoro de Vilamartín de Valdeorras. Escoitamos os veciños e o alcalde da zona
Día de Rosalía de Castro, con actos e lecturas en moitos recunchos de Galicia. Falamos tamén co cociñeiro Xoanqui Ameixeiras, o encargado nesta edición de facer o caldo de gloria
Siniestro Total despídese dos escenarios anunciando o seu último concerto en Madrid. Foi nunha conferencia de prensa con sorpresa en que apareceron os seus compañeiros Los Enemigos
Información do tempo
Despedida con imaxes de algúns dos entroidos máis senlleiros de Galicia