CRTVG

Buscar

A revista

A Revista

22/02/2022 12:35 h

Índice de contidos

00:00 Xa están na casa os tres superviventes do Villa de Pitanxo. Conectamos en directo con Cangas, onde preparan os funerais dos falecidos. En Marín, xuntanza na casa armadora e minuto de silencio no Parlamento galego
04:21 Adiantamos outros contidos do programa: proxecto de investigación con dous polbos, un salvaxe e outro que naceu en catividade, e a construción de vivendas colaborativas
05:17 No tempo de 'O agro' ensínannos como se elaboran as androllas en Navia de Suarna
10:44 O CSIC libera en Galicia dous polbos para estudar o seu comportamento, un eclosionado en catividade e outro salvaxe. Queren aprender deles para conseguir crialos en catividade. Contóunolo a bióloga da conservación Xiana Albor
15:18 Atención se están pensando en que vai ser de vostedes cando vaian facendo anos. Se non queren, non teñen por que vivir sós. Xa está máis preto de ser unha realidade en Galicia, o coñecido como 'cohousing': compartir servizos e tempo. Explicámosllelo con Miguel de la Peña, coordinador de comunicación, e María Castro, vicepresidenta de Alvariza.
19:15 Conseguírono. A banca atende as reinvidicacións dos maiores. Xa ampliaron o horario e a atención personalizada. E antes de seis meses, máis melloras e facilidades. Á cabeza das protestas, un lema: "Son maior, non idiota", e un nome propio, Carlos San Juan. E aquí en Galicia falamos Julio Méndez, da Asociación de Pensionistas de Lugo. Non estám conformes co acordado e piden solucións reais e inmediatas
23:09 Recollemos toda a información do naufraxio do Villa de Pitanxo. Conversamos con Agustín Traba, un mariñeiro de Fisterra con moita experiencia no mar, supervivente a tres naufraxios. Falamos con José María Rojo, secretario xeral do Colexio Oficial da Mariña Mercante. A conselleira do Mar comunica que se retoma a busca dos 12 desaparecidos, un punto que tamén nos confirma Javier Touza, presidente da Cooperativa de Armadores de Pesca de Vigo, e Roberto Sotelo, o patrón do Río Caxil, que xa pesca e busca pola zona. Escoitamos familares dos superviventes e tamén dos desaparecidos. En directo, na comarca do Morrazo
57:52 Diego Viaño adiántanos a información do tempo
59:21 Falece o humorista Pedro Brandariz

Atopar capítulo por: