A revista
A Revista
21/02/2022 12:35 h
Índice de contidos
Problemas burocráticos atrasan a saída do avión militar que traerá de volta os 3 superviventes e 5 falecidos do Villa de Pitanxo. As novidades arredor do naufraxio centrarán o relato informativo de 'A revista' deste luns 21 de febreiro
En pouco máis de 24 horas hai estrea na TVG: 'Chegar á casa. O galego infiel', unha serie de ficción que se estrea mañá ás 23:00. Miguel Ángel Blanco é o actor principal
Moito ollo cos enganos a través de Internet. Nos últimos días volviamos coñecer novas sobre o pirateo de contas e suplantación de identidades. Falamos con Juan José Varela, xefe de Ciberdelincuencia da comisaría da Policía Nacional de Pontevedra
Recollemos todas as novas en relación co naufraxio do Villa de Pitanxo. Atrásase a repatriación dos 3 superviventes e de 5 dos falecidos por problemas burocráticos no Canadá. Explicamos os trámites legais para solicitar o certificado de falecemento. Escoitamos as familias dos 12 desaparecidos que se reuniron na subdelegacion do Goberno e coa casa armadora. Estamos en directo en Marín, Pontevedra, e no aeroporto de Santiago, onde está previsto chegue o avión militar. Achégannos as súas experiencias Fernando Novoa, exdirector técnico de Seguridade e Salvamento Marítimo; Gloria Lijó, a primeira muller en enrolarse na pesca de altura, e José Vicente Domínguez, capitán da mariña mercante e de pesca
Despedida de 'A revista'