A revista
A Revista
18/02/2022 12:35 h
Índice de contidos
Chegan ao porto de Terra Nova dous dos falecidos no naufraxio do 'Villa de Pitanxo' e retrásase o atraque do Playa Menduíña 2 que leva os 3 superviventes e os outros 7 falecidos. O mal tempo non permiten que cheguen a porto ata, polo menos, mañá sábado. Escoitamosa crónica que nos chega desde o Canadá, conctamos en directo con Marín e con Pontevedra onde se concentran os familiares dos desaparecidos
Repaso polas redes sociais con Ana Gayoso: condolencias para os familiares do 'Villa de Pitanxo', 'hackeo' das redes sociais de Olaia Maneiro, unha carta de desamor dunha pequena de sete anos, os cadros de Sergio Ramos e o anuncio da actuacón de Karina no Luar
A tensión na fronteira entre Rusia e Ucraína segue medrando a pesar de que o Goberno de Moscova anunciou esta mañá a retirada de novas unidades militares. Falamos con Montserrat Pintado, doutora en Relacións Internacionais e Tatiana Kolbayenkoba, profesora de español en Odessa, Ucraína
Explicamos como poden reclamar os afectados polo cárter dos coches. Están afectados os que se mercaron ou alugaron entre o 2006 e o 2013. Conversamos co avogado Atalino Vázquez e a responsable do servizo xurídico da Unión de Consumidores de Galicia, Rocío Arnoso
Relato informativo do naufraxio do 'Villa de Pitanxo'. Coñecemos a últma hora desde Terra Nova, estamos en directo en Marñin e en Pontevedra, escoitamos a dor e as queixas dos familiares. FAlamos cun enxeñeiro naval, Álvaro Eijo e conversamos co psicólogo do grupo que atende ás familias Hafdallah Menni
Noelia Rodríguez adíantanos a previsión do tempo
Despedimos coa chegada a Terra Nova do barco que leva a bordo dous dos mariñeiros falecidos no naufraxio do 'Villa de Pitanxo'