CRTVG

Buscar

A revista

A Revista

17/02/2022 12:35 h

Índice de contidos

00:00 Suspéndese a busca dos 12 mariñeiros desaparecidos en Terranova. Conexión en directo co Canadá, Marín e Cangas. Escoitamos aos familiares dos mariñeiros pedindo nha investigación e ao presidente da Xunta solicitando que se amplíe a busca.
05:36 O audiovisual galego segue dando que falar. Triunfando máis aló das nosas fronteiras. O catro Goyas que viñeron para a nosa terra son un exemplo máis. Conversamos con Chelo Loureiro, mellor película animación Valentina, Xosé Zapata, mellor curta de animación Monkey, Zeltia Montes, mellor música orixinal El buen patrón
14:53 Tertulia informativo ao redor do naufraxio do 'Villa de Pitanxo'. Conversamos co enxeñeiro naval Guillermo Gefaell, o oficial de máquinas Eusebio Correa, o patrón do 'Río Caxil' Roberto Sotelo e o doutor Manuel Viso. Conectamos en directo con Cangas e Marín e escoitamos a filla dun dos desaparecidos. Tamén escotamos as declaracións do presidente da Xunta ao remate do Consello, pediulle ao Goberno Central que medie para que a busca se amplie polo menos 24 horas máis
59:14 Noelia Rodríguez adiántanos a previsión do tempo para as vindeiras horas
01:01:51 Despedida da 'Revista' cun mensaxe de apoio e ánimo a toda a familia do mar

Atopar capítulo por: