CRTVG

Buscar

A revista

A Revista

11/02/2022 12:35 h

Índice de contidos

00:00 Os peritos aseguran que a pequena Desirée morreu estrangulada. Arrancamos programa coa última hora do xuízo e tamén: a ñpolémica polos concertos do trapeiro Kaydy Cain, un ncendio nunha casa en San Cibrao das Viñas, a historia dun sin teito de Lugo, implantes que permiten volver camiñar a xente parapléxica, a importancia do deporte e o esforzo e o día da muller na ciencia
04:58 Mercedes Nodar explícanos comotemos que facer os sementeiros
09:23 Un implante intelixente controlado cunha tableta permitiu volver andar a varias persoas. Explícannos como funciona o neurocirurxán Ramón Serramito e o investigado en neurociencia Casto Rivadulla
19:21 Conmemórase o Día da Muller e a nena na ciencia e a rúa do Paseo de Ourense encheuse de actividades
24:50 Os valores o deporte: esforzo, disciplina, convivencia. A importancia da parte física pero tamén da psicolóxico. Falámolo co adestrador Luís Bonilla e a psicóloga deportiva Marisol Arias
39:25 Quinta xornada do xuízo da pequena Desirée. Os forenses do Instituto de Medicina Legal certifican que a causa da morte da nena foi o estrangulamento
45:13 Novas declaracións no caso Déborah Fernández para tratar de esclarecer a súa desaparición
47:11 E esta noite está previsto que actúe en Mos o trapeiro Kaydy Cain nun concerto que se prevé polémico, despois das protestas que houbo onte en Santiago. Denuncian as letras machistas do cantante e din que os seu temas denigran as mulleres
49:18 A Valedora do Pobo esíxelle ao Concello da Coruña unha resposta ás queixas dos veciños do Orzán. Levan tempo denunciando inseguridade nocturna e ruídos, e piden que se reforce a presenza policial nesta zona de ocio nocturno
50:51 Esta fin de semana levántanse as restricións da hostalaría. O certificado Covid seguirá sendo obrigatorio
52:20 Un incendio destruíu por completo unha vivenda esta madrugada no concello ourensán de San Cibrao das Viñas
53:15 Desesperados están os veciños de Meicende, en Arteixo, pola proliferación de ratas que, segundo contan, campan ás súas anchas a calquera hora do día e desde hai xa unha morea de tempo
54:24 A historia dun home catalán qu levan vivindo nas rúas de Lugo cinco meses. Non pode acceder a albergues nin pensións co seu can. Está a recibir a solidariedade dos veciños
57:37 Mabel adiántanos a previsión do tempo para os vindeiros días
01:00:32 'Miña Rula' é unha canción do último traballo de Santi Araújo en que convidou a cantar en galego a Leonor Watling
 

Atopar capítulo por: