CRTVG

Buscar

A revista

A Revista

09/02/2022 12:35 h

Índice de contidos

00:00 Arrancamos programa coas últimas declaracións polo crime da pequena Desirée. Resumo dos contidos: carreiras ilegais e aumento dos sinistros entre os máis novos, o impacto das tecnoloxías entre os máis novos, a pegada psicolóxica da pandemia en nenos e adolescentes, resumo dos candidatos aos Óscar
05:05 No tempo de 'O agro' coñecemos o mellor queixo da D. O. San Simón da Costa
10:35 Repasamos o máis visto nas redes sociais con Ana Gayoso
16:57 Con Moncho Lemos repasamos as candidaturas aos Óscar. España fai historia con catro propostas por primeira vez
22:51 Un informe de Unicef revela que máis do 50 % dos adolescentes aceptan nas redes sociais a xente descoñecida e a gran maioría teñen máis de dúas contas na mesma rede social. Analizamos a 'pandemia dixital' coa coordnadora de Unicef Galicia, Irene Martín, e Antonio Rial Boubeta, mestre da Unidade de Psicoloxía do Consumidor da USC
31:34 Dende esta fin de semana morreron 4 persoas en accidentes de tráfico nas estradas galegas, unha delas unha moza de 18 anos. O condutor do coche sinistrado, que quedou ferido grave, non tiña xa puntos no carné. Falamos de imprudencias ao volante con Héctor Teixeira
35:46 A pandemia está a deixar pegada nos nenos e adolescentes. Angustias, irritabilidade e mesmo trastorno do sono e alimentarios. Escoitamos os consellos de dous expertos en saúde mental, Diego Antelo e Juan Carlos del Valle
42:33 Repasamos os datos da pandemia en Galicia e analizámolos co doutor do hospital San Rafael Manuel Viso. Con el tamén falamos dos 'déja vu' e buscamos receitas de pizzas saudables, hoxe é o seu día
52:12 Terceira xornada do xuízo pola pequena Desirée Leal. Escoitamos a testemuñas e peritos que estiveron na habitación na que apareceu morta a nena
56:25 Publicidade Gadis
56:55 Mabel adiántanos a información do tempo para as vindeiras horas
01:00:34 Despedimos coa versión que fixeron de 'Terra', das Tanxugueiras, os usuarios e traballadores do centro de día Vida de Monforte
 

Atopar capítulo por: