CRTVG

Buscar

A revista

A Revista

08/02/2022 12:35 h

Índice de contidos

00:00 Comeza 'A revista'
00:17 Sumario
06:18 Nestes momentos está aberto o prazo para solicitar axudas para a prevención de danos da fauna salvaxe na agricultura e na gandería. Entre elas, a adquisición de cans de garda. Coñecemos como se adestran
10:56 O cambio climático apunta a converterse en pandemia. Buscamos resposta á concienciación sobre o coidado ambiental coa bióloga Xiana Albor e con Cristina Gómez, experta en psicoloxía ambiental
16:23 Unha moza de Lugo asistiu ao parto dunha cadela a 2.000 metros de altitude e a sete graos baixo cero. A casualidade foi que María Piñeiro estuda veterinaria.
22:36 Hai 2.100 casos activos menos en Galicia, co que de manterse esta tendencia semella que pronto baixaremos dos 50.000. Caen tamén os hospitalizados, que quedan nos 700, e hai 3 persoas menos na UCI
23:51 A curva da sexta vaga segue dobregando. Saudamos a Dolores Díaz, médica da Unidade de Enfermidades Infecciosas do CHUO
26:09 O 10 % dos casos covid en España teñen secuelas tras a infección. Segue sen haber un tratamento claro para as persoas que seguen con síntomas despois de pasar a covid
34:16 A primeira hora desta mañá faleceu unha muller de 59 anos ao envorcar o coche que conducía á altura de Vilarón, no concello da Capela
36:22 Unha moza de 18 anos morreu esta madrugada nun accidente de coche no concello coruñés de Trazo, na estrada que vai a Chaián. Os outros dous ocupantes do coche quedaron feridos
37:27 Na Coruña, un motorista quedou ferido nun accidente a primeira hora desta mañá na zona da Palloza
37:51 Segunda xornada do xuízo na Audiencia Provincial de Lugo polo asasinato de Desirée Leal, a nena de sete anos supostamente asasinada pola súa nai na casa de Muimenta, en Cospeito, en maio de 2019
44:05 A rotura dunha tubaxe obrigou a desviar a subministración de auga que reciben máis da metade dos coruñeses. Unha reparación de urxencia que se está a facer en Culleredo
46:03 Nos xardíns do castelo de Soutomaior gozamos do espectáculo das camelias en flor que se poden visitar ata finais de marzo
53:26 Previsión meteorolóxica con Mabel Montes
58:06 A Banda da Loba escolleu como adianto do seu novo disco un tema entusiasta e emotivo: 'Tribo'

Atopar capítulo por: