CRTVG

Buscar

A revista

A Revista

07/02/2022 12:35 h

Índice de contidos

00:00 Presentación dos temas que se van desenvolver no programa deste luns 7 de febreiro: comeza o xuízo pola morte de Desirée Leal, aumentan os hospitalizados pola covid, presentación dunha campaña sobre acoso sexual, coñeceremos receitas saudables e sinxelas, presentamos a nova tempada de 'Sen código postal'
04:47 Receitas saudables e sinxelas da man de Xiana Pérez. Despois de anos publicando no seu post, lánzase a sacar a luz o seu primeiro libro
09:55 Nova tempada de 'Sen código postal'. Víctor Fábregas segue percorrendo Galicia como carteiro. En busca do embaixador que lle axuda tódolos sábados coñecer recunchos e xente de Galicia
17:49 Repaso da evolución da pandemia. Baixan os contaxiados, pero sobe a presión hospitalaria. Analizamos a situación con Juan Gestal e falamos con el do seu novo libro: 'Pandemias', un percorrido polas diferentes doenzas que arrasaron a humanidade
26:04 Unha xuíza de Ourense autoriza a segunda dose da vacina a un menor en contra do criterio da nai. A proxenitora segue a recorrer a decisión xudicial, polo que o cativo segue sen vacinar. O pai e o menor están a favor da vacina. Falamos co avogado do pai
30:56 A Casa dos Peixes da Coruña recibe o visitante 6 millóns. Un grupo de cativos que hoxe se somerxeu nas profundidades do océano. O director do centro fíxenos un percorrido
35:08 Os institutos de Galicia xa teñen acceso a un manual sobre acosos e educación sexual. Falamos con dás das mestras que axudaron a sacalo adiante
40:33 Loito oficial en Culleredo pola morte de dous mozos nun accidente de tráfico
41:44 Comeza o xuízo pola morte de Desirée Leal. No banco dos acusados, súa nai acusada e durmila e asfixiala. A acusación pide para ela a prisión permanente revisable. Análise do caso cun avogado penalista, unha xornalista de sucesos e escoitamos os avogados da acusación
56:26 Na provincia de Ourense comezan as reservas para gozar dos días grandes do Entorido, despois da parada dun ano por mor da pandemia
58:21 Mabel adiántanos a previsión do tempo para os vindeiros días
01:00:53 Noite histórica a do Luar, cun 19 % de audiencia. O programa fixo historia, conectou en directo con TVE e fixeron posible que Chanel e as Tanxugueiras pediran que cesase o discurso do odio
01:01:39 Children of Zeus actúan o mércores na sala Radar Estudios

Atopar capítulo por: