CRTVG

Buscar

A revista

A Revista

01/02/2022 12:35 h

Índice de contidos

00:03 Comeza 'A revista'
00:17 Sumario
03:49 No tempo de 'O agro' coñecemos os produtores do mellor queixo da DO Arzúa Ulloa deste ano: Diqueixa
09:22 1 de febreiro, ano novo chinés. Arrancou o ano do tigre. E de tigres falamos coa bióloga Xiana Albor e con Javier Ares, responsable de Corax Fauna
16:14 Rafa Nadal é o único tenista masculino en conseguir 21 Grand Slam. Estivo a piques de abandonar a súa carreira pola incerteza que lle provoca a enfermedidade dexenerativa de Müller-Weiss. Entrevistamos a Virginia Gómez, podóloga, e a Miguel Casal, adestrador de tenis
22:46 Repasamos os datos sobre a evolución da pandemia con Fran Iglesias. Baixan os casos activos e os novos contaxios, pero soben os hospitalizados
23:51 Hoxe falamos sobre un trastorno psíquico: o medo a estar enfermo. A hipocrondría afecta e condiciona a vida cotiá de persoas como Ana María Pereira Temes . Eduardo Martínez Lamosa é psicólogo clínico
31:18 Os maiores poden dicilo máis alto, pero non máis claro: cren que se rin deles, séntense abandonados polas entidades bancarias e van facer que os sigan escoitando. María José Fares é xerontóloga; Luisa Vázquez e Chefa Neo son alumnas de Ategal. Julio Mendez é o presidente da Asociación de Pensionistas de Lugo
42:39 As forzas de seguridade buscan os autores da brutal malleira que acabou con dous mozos no hospital. A policía de Vigo está analizando as imaxes gravadas por un veciño e tamén interrogando as testemuñas. De momento, pouco se sabe dos agresores. Parece que nin sequera coñecían as súas vítimas, dous mozos de 20 e 21 anos.
44:25 Quedaron en liberdade con cargos os cinco detidos pola grave liorta acontecida hai pouco máis dunha semana no centro histórico de Lugo
44:44 Nunha casa do Burgo, en Culleredo, atoparon o cadáver dun home que levaba morto máis dun mes. Vivía só e foron os veciños os que alertaron as autoridades sobre a súa ausencia
46:15 En Vigo seguen sen pistas de Joel. O sábado estivo facendo skate, o seu deporte favorito, e despois marchou da casa sen deixar rastro
47:50 O concello de Valdoviño foi onde viron por última vez a Alfredo Sánchez Chacón, alcumado o Rambo galego, que leva fuxido da Xustiza desde marzo do ano pasado. Aí protagonizou outro roubo de comida nunha casa
49:17 Outras dúas vivendas foron ocupadas de xeito ilegal nos últimos días no barrio lugués do Sagrado Corazón. Ante esta escalada de ocupacións, os veciños barallan mobilizarse contra este fenómeno
50:32 A comunidade de instagram perrosinvisibles está a levar unha campaña nas redes en que denuncia un presunto caso de maltrato animal: un can de Betanzos que aseguran que leva anos encadeado e está desnutrido
51:35 E dende hoxe xa se pode votar o carballo de Conxo para que sexa a Árbore Europea do Ano. Unha árbore senlleira que nos seus 250 anos de vida foi testemuño de boa parte da historia de Santiago e de Galicia
56:15 Previsión meteorolóxica con Diego Viaño

Atopar capítulo por: