A revista
A Revista
31/01/2022 12:35 h
Índice de contidos
Sumario
Comezamos achegándonos a Galicia en 360º. Para coñecela sen perder detalle. E poñémosllelo sinxelo: teñen unha cita os sábados ás oito da tarde, con 'Un país en 360'. Estíbaliz Veiga, a presentadora do programa cónanos o percorrido que fixeron sobre o Camiño Portugués Central
As ciberestafas aumentaron case nun 90 % nos últimos meses. Fálase dun mercado negro de estafas cibernéticas. Roberto Vieito é membro do Colexio de Enxeñeiros Informáticos, José Torres, garda civil do Equipo de Investigación Tecnolóxica da Policía Xudicial de Pontevedra
Tamén hai quén pretende coarlles estafas aos seguros, como facerse os lesionados para cobrar. Pero as aseguradoras tiran de detectives que todo o ven. Mar Garre, responsables do estudio de Línea directa
Desdenden os contaxios novos por covid en Galicia, pero sobe a presión hospitalaria
Tamén falamos de cancro de colon. Segue a ser o segundo en número de defuncións e o primeiro en diagnóstico. A detección precoz é moi importante, neste e noutros tumores malignos. Falamos coa oncóloga Nieves Martínez e con Octavio Villazala, que superou esta doenza
Brutal malleira en Vigo. Dous mozos, a puñadas con outros no centro da cidade. E das mans pasaron ás patadas. Dous mozos tiveron que ser hospitalizados. A policía segue á busca dos responsables
Sección de sucesos coa xornalista Patricia Abet e o avogado Evaristo Noriega
Na cidade de Ourense foi unha fin de semana complicada, con liortas e pelexas pola zona vella
Catro novos detidos, en total son 5, en relación coas liortas da fin de semana pasada no centro histórico de Lugo, unha das cales rematou cun mozo acoitelado
E complicouse a historia dos falsos sicarios rusos que ameazaban un suposto moroso. A empresa para a que traballaban eses cobradores de débedas xa os despediu, pero as presuntas vítimas din que seguen a recibir ameazas. Escoitamos as avogadas dos que denunciaron esta empresa de cobro de débedas
Entre a xornada de onte e o que levamos de luns rexistráronse catro falecementos en accidentes de tráfico. Aos sinistros mortais de Touro, Santiago e Marcón, en Pontevedra, súmase o atropelo mortal que se producía esta mañá en Melide
O lobo matou nove ovellas no concello lucense de Meira. O ataque produciuse a uns 200 metros das vivendas, no lugar do Val da Cal
Primeira manifestación de maiores en Lugo para pedir unha mellor atención das entidades bancarias
Rafa Nadal fixo historia ao gañar o Aberto de Australia e romper o récord masculino con 21 títulos de Grand Slam
Gran nova para o baloncesto galego. O Breogán clasificouse na Copa do Rei e vaise enfrontar ao Real Madrid
Previsión meteorolóxica, con Diego Viaño
Rematamos coas Tanxugueiras, que non van ir a Eurovisión, pero son as galadoras no corazón dos galegos