A revista
A Revista
27/01/2022 12:35 h
Índice de contidos
Comeza 'A revista'
Sumario
Entrevistamos a Javier Romero, autor do libro 'Operación Marea Negra', que conta a historia do primeiro narcosubmariño que chegou a Europa, á ría de Aldán, con 3.000 quilos de cocaína
Coñecemos os datos sobre a evolución da pandemia en Galicia con Fran Iglesias, dende a redacción da TVG
Optimismo no sector da hostalería galega polo alivio das restricións que se fará efectivo a partir do sábado
A escalada bélica entre Rusia e Ucraína preocupa os ucraínos que viven en Galicia e os galegos que traballan alá
Incorporamos ao faladoiro a Pablo Piñeiro, autor de 'Lo positivo de fracasar en el amor'
Vaia susto levaron os seareiros do Deportivo que se desprazaron a Zamora. O triunfo puido acabar en traxedia porque na celebración do gol cedeu a bancada onde estaban os deportivistas
Accidente múltiple na A-6 por un tráiler que esparexeu a carga de bagaño de cervexa durante nove quilómetros en Aranga, na Coruña
Fai 10 anos da traxedia en que morreron tres policías e o mozo ao que tentaban salvar das ondas da praia no Orzán. Esta mañá fáiselles unha homenaxe aos heroes do Orzán
As Tanxugueiras pasan á final para representar a España en Eurovisión. Analizamos todo o que deu de sí gala con Alba Mancebo
Previsión meteorolóxica con Mabel Montes