A revista
A Revista
25/01/2022 12:35 h
Índice de contidos
Sumario
No tempo dedicado ao mundo natural falamos coa bióloga Xiana Albor sobre pesca sostible co mariñeiro e 'influencer' Rogelio Santos
Hoxe, no Consello de Ministros, formalizarase a suba das pensións. Será un aumento dun 2,5 % para as pensións contributivas e revalorizaranse un 3 % as mínimas para 2022
Despois do Nadal prodúcese unha suba dos prezos de produtos alimentarios, pero tamén estamos a notar un importante incremento do prezo dos carburantes, da enerxía eléctrica ou do gas natural... Falamos co presidente da CEG, Juan Vieites, e con Antonio Señarís, presidente da FETRAM
Moitas industrias do mar galego non poden adaptar o consumo de electricidade aos horarios coas tarifas máis baixas, Demetrio Morenza foi ata unha en Cambados
Falamos en Cee co presidente da Federación de Estacións de Servizo de Galicia, Xulio López
As farmacias galegas teñen un papel fundamental dende o comezo da pandemia que contribúe a aliviar a presión dos sanitarios da Atención Primaria. Agora poden asumir novas funcións, como a toma da presión arterial ou a elaboración de estoxos de pastillas
Analizamos os daos sobre a evolución da pandemia coa inmunóloga África González
Xa é oficial a separción da infanta Cristina e Iñaqui Urgangarin. Afondamos no tema co xornalista e escritor Fernando Ramos e coa xornalista Inma Morandeira
Esta volveu ser unha noite con fortes xeadas no interior de Galicia, especialmente en Ourense e Lugo
Previsión meteorolóxica con Noelia Rodríguez