A revista
A Revista
10/01/2022 12:35 h
Índice de contidos
Comezamos 'A revista' coa volta ás aulas logo do descanso do Nadal
Sumario
Entrevistamos a Adrián Díaz e Lucía Regueiro, presentador e participante do Comando G que emitirá a TVG este mércores a partir das 23.00
Analizamos a evolución da pandemia na nosa comunidade coa inmunóloga África González
A alta transmisión que trouxo a variante ómicron fixo aumentar o uso de máscaras con maior eficacia de filtración, as FFP2
Vivir nunha vivenda con eficiencia enerxética é posible. E cada vez hai máis axudas, ata o 30 de setembro poden pedir as que acaba de sacar a Xunta. Aprendemos a facer o noso fogar máis sostible.
As cámaras dunha protectora de Pontevedra gravaron o momento en que dúas persoas abandonaban un can ás portas do centro, o animal fuxiu e agora temen que puidese ser atropelado
O Concello de Ourense promove unha campaña de recollida das árbores de Nadal para darlles unha segunda vida.
Na mesa de sucesos estamos coa xornalista Patricia Abet e o avogado Alejandro Vega. Este luns centramos a sección no crime que aínda nos ten conmocionados: o do mestre xubilado de Vigo. Xa hai dous anos do asasinato de Diego Bello, o emprendedor coruñés abatido a tiros por tres policías nas Filipinas.
Previsión meteorolóxica para as próximas horas
Hoxe coñecemos mellor as orixes medievais da vila de Noia
Jane Campion, co filme 'El poder del perro'; Spielberg, coa nova versión de 'West Side Story', e a serie 'Succession' son os grandes gañadores dos Globos de Ouro
Despedímonos co tema 'Sirene', de Belako, o grupo que actúa este xoves na sala Garufa da Coruña