CRTVG

Buscar

A revista

A Revista

07/12/2021 12:30 h

Índice de contidos

00:00 Comezamos 'A revista' deste martes 7 de decembro adiantando os contidos do día: a borrasca Barra azouta Galicia, situación da pandemia en Galicia e vacinación infantil, esterilización do xabarín, os perigos do azucre, feira de autónomos en Expocoruña, campión galego de pulsos e o belén de Begonte
04:13 No tempo de 'O agro' coñecemos 'Exquisiña'
09:54 A historia do mel e dos apicultores en Galicia coa bióloga Xiana Albor e o divulgador de bioapicultura Xosé Manuel Durámn
17:21 A OMS recomenda non tomar máis de 25 gramos de azucre ao día, e tan só un refresco ten 45. Repasamos coa nutricionista Lidia Folgar os alimentos do mercado que conteñen máis azucre
25:14 O xabaril causa a metade dos accidentes de tráfico en Galicia cada ano. A Universidade Autónoma de Barcelona segue cun estudo para esterilizar os animais, contóunolo o profesor Manel López. Sobre a situación en Galicia falamos con Jacobo Feijóo, responsable de desenvolvemento rural de Unións Agrarias
38:33 Repasamos a situación da pandemia en Galicia, con 670 novos contaxios e nova suba de hospitalizados. Tamén comprobamos o ascenso por áreas sanitarias, a de Vigo e a de Ourense son as que teñen máis incidencia
41:22 A pandemia esteéndese por toda Europa e os países comezan a tomar medidas
43:04 A borrasca Barra esténdese polo norte de España, a DXT recomenda adiantar o regreso das vacacións. Estamos en directo en Cerdedo-Cotobade e na Coruña para comprobar como esta situación en Galicia, e Mabel Montes danos conta da previsión para as vindeiras horas
48:06 O polbo sobe nas feiras. A ración sitúase nos 9 euros
50:26 Persecución policial en Vigo. Detiveron un home acusado de narcotráfico e comisáronlle haxix
51:51 Arde unha casa prefabricada no Porriño
52:37 Botamos un pulso co campión de España de loita de brazo. Francisco Rodríguez é de Ourol. Ensinounos a técnica de adestramento e as claves dos campionatos
59:50 O belén de Begonte fai 50 anos e segue conservando pezas dos seus inicios. Con él rematamos 'A revista' deste martes 7 de decembro

Atopar capítulo por: