A revista
A Revista
29/10/2021 12:35 h
Índice de contidos
Falamos dos costumes de Todos os Santos. Peregrina García é unha soterradora xubilada que nos contou terroríficas historias da súa profesión. Visitamos unha casa de Neda engalanada ao máis estilo de Halloween e compartimos uns minutos cuns nenos dun cole de Ourense celebrando o Samaín
Acompañamos uns axentes da DXT nun control de trafico con motivo da ponte de Todos os Santos
Visitamos o cemiterio de Ponteareas, un dos moitos galegos que son verdadeiras obras de arte
Cuqui, un florista, cóntanos o atarefados que están estes días
Na madrugada do sábado ao domingo cambia a hora. Debatemos sobre a necesidade de seguila cambiando ou quedarnos cunha definitiva. O catedrático de Física Aplicada Jorge Mira, non se dou posto de acordo con José Luís Casero, presidente da Comisión Nacional para a Racionalización dos Horarios
Recollemos na Coruña o sentir da veciñanza que sentiu esta madrugada o tremor de magnitude 4,4. Tamén o viviron en boa parte da zona norte de Galicia
O 'Land Rober' triunfóu o pasado xoves. Foi líder de audiencia. Kiko Rivera e Irene Rosales definírono como o mellor programa do mundo
Octavio falounos da xubilación dos mastíns e trouxo once cans en adopción. Enchemos o estudio de animais
Mabel adiántanos a predición do tempo para os vindeiros días
Rodeados de cans despedimos 'A revista' deste venres 29 de outubro