A revista
A Revista
15/01/2021 11:40 h
Índice de contidos
Comezamos 'A revista' deste venres 15 de xaneiro adiantando os temas do programa: conservación do peixe e consellos para mocear en tempos de covid
No restuarante O Fiouco ensínannos as técnicas milenarias de conservación do peixe que seguen empregando
As novas restricións xa entregaron en vigor. Hoxe rexistráronse máis de 1.000 novos positivos en coronavirus e hai 90 persoas nas UCI
Desde a ponte internacional de Tui comprobamos como hai quen segue saltando as normas, pese a que Portugal está confinado e as fronteiras de Galicia, pechadas
Propostas de ocio seguras para a fin de semana, con Inma Morandeira
Fotos que nos mandan @s revisteir@s
Consellos e técnicas para relacionarse e mocear en tempos de pandemia. Tróuxonolos a psicóloga Libertad Culebras e a sexóloga de Con Mucho Gusto, Sabela Maceira
Laretamos sobre un programador que esqueceu a clave para acceder aos cartos investidos en bitcoins
Espazo da Consellería de Sanidade para lembrar as restricións e concienciar a poboación
Tempos para os animais. Octavio falounos do caso da muller que morreu por causas naturais e que os cans que estaban pechados con ela na vivenda a foron comendo. Tamén trouxo un coello para falar das súas características e un gato para adoptar
Información de 'O tempo', con Diego Viaño
Despedimos 'A revista' deste 15 de xaneiro