A revista
A Revista
24/12/2020 12:15 h
Índice de contidos
Comezamos 'A revista' deste xoves 24 de decembro adiantando os contidos do programa: un médico que nos dará recomendacións de cara estas datas e os alfombristas galegos que preparan unha alfombra para a apertura da Porta Santa
Desde Lugo comprobamos en directo os pratos que os hostaleiros preparan para a cea desta noite
As revistas do corazón, con Isi
Como se preparan para esta Noiteboa os maiores das residencias de anciáns e consello do médico do hospital San Rafael Manuel Viso. Deunos recomendacións para estes días, falounos da chegada, a fin de semana, das vacinas e da nova cepa que, ao parecer, detectaron no Reino Unido
En directo na praza de abastos de Santiago, onde vimos ringleiras nos postos do peixe. Tamén entramos en directo nun cocedoiro de marisco de Lugo, onde están moi atarefados para esta noite e mañá
Consellos para montar unha mesa para estas datas
Tempo para a horta, con Mercedes Nodar. Esta mañá ensinounos a podar e a plantar grosellas. Tamén a elaborar produtos derivados delas. Despediuse cun emotivo e responsable brinde
O vindeiro día 31 abrirase a Porta Santa para dar comezo ao Ano Santo 2021. O presidente e vicepresidente da Federación Galega de Alfombristas contáronnos como vai ser a alfombra pola que pasarán o arcebispo e demais autoridades para abrir a Porta
Información do tempo, con Mabel Montes
Despedida desexando un Nadal responsable e cunha reportaxe ao noso compañeiro Xosé Manuel Díaz Maseda, que nos deixou onte á tarde