CRTVG

Buscar

A revista

A Revista

29/07/2020 12:30 h

Índice de contidos

00:00 Comezamos 'A revista' deste mércores 29 de xullo adiantando contidos do programa: a economía circular e a reciclaxe, percorremos as terras de Monterrei, tempo seco e solleiro e como protexerse do sol e polémica en Santa Marta de Ribarteme
05:38 Percorremos terras de Monterrei para coñecer a Denominación de Orixe e tamén os roteiros dos Lagares. Visitáronnos José Manuel Juste, enólogo da D.O., e Alberte Roboredo, arqueólogo da ruta dos lagares. En directo comprobamos a colleita nunha adega da zona
21:17 Santa Marta de Ribarteme estréase como Festa de Interese Turístico Galego. Este ano a celebración é moi diferente e, ademais, está envolta en polémnica. Un grupo de veciños protestan polo que consideran xeitos de actuar moi sospeitosos do novo párroco
28:57 Laretamos sobre os 'reborn', bebés hiperrealistas que algunhas persoas tratan como bebés de verdade. Os psicólogos falan de dependencia emocional
31:36 Fotos d@s revisteir@s
33:46 Tempo de 'O agro'. Balance do CRAEGA
39:26 Sección de medio natural coa ambientóloga Xiana Albor. Falounos da economía circular, de aproveitar o refugallo e darlle unha nova vida. En Galicia temos exemplos de empresas verdes. Tamén os comentou as axudas ás que podemos acollernos
47:50 A familia de Déborah Fernández e os seus avogados explicaron en conferencia de prensa os que cren fallos na investigación. Despois de 18 anos, segue sen haber un culpable da súa desaparición e morte
53:29 Xullo pasará á historia como o mes máis cálido. Pode que esteamos falando dos efectos do cambio climático. Da forza do sol e de como protexerse falamos co dermatólogo Emilio del Río e co coordinador de Meteogalicia Juan Taboada. Tamén estivemos en directo nunha praia da Mariña, a zona de Galicia coa temperatura da auga máis elevada, e nun centro estético para saber de tratamentos contra as manchas que o sol provoca na pel
01:13:30 Información do tempo, con Noelia Rodríguez
01:17:53 Despedimos 'A revista' deste mércores 29 de xullo coa música da Orquesta Sons de Aguiño e o seu primeiro videoclip baseado na serie 'Mareas vivas'
 

Atopar capítulo por: