CRTVG

Buscar

A revista

A Revista

02/07/2020 12:00 h

Índice de contidos

00:00 Comezamos 'A revista' deste xoves 2 de xullo adiantando contidos do programa: falaremos da auxe da bricolaxe e tamén faremos un percorrido polos faros da nosa costa. En directo estaremos nun faro convertido en restaurante
03:55 Os compañeiros de 'ZigZag' tráennos propostas de teatro, música e poesía
14:39 No 'Dígocho eu' falmos da palabra 'trasteiro'
17:30 Nas últimas semanas a moitos déuselles pola bricolaxe. Arranxar as cousas estragadas pola casa. Axudáronnos cos arranxos Xosé Manuel Marcote, dunha ferraxería de Cee, e Xacobe Alonso, dunha ferraxería de Vigo. Desde un local de Santiago faláronnos dos produtos que máis se esgotaron e dos que xa se está repoñendo
36:36 No tempo dedicado a coidar das hortas, Carmen Freire explicounos como atallar a lepra dos pexegueiros
46:17 As revistas do corazón, co funeral de Álex Lequio e a separación de Paloma Cuevas e Enrique Ponce
55:27 Laretamos sobre a última campaña do Goberno para concienciar a mocidade dos perigos da irresponsabilidade nestas semanas de pandemia
59:09 Fotos d@s revisteir@s
01:01:19 Percorremos os faros da costa galega coa axuda do fareiro Ignacio Fernández e de Pablo Canosa, da Asociación Profesional do Sector Turístico da Costa da Morte
01:24:16 Información do tempo, con Mabel Montes
01:27:04 Despedimos 'A revista' deste xoves 2 de xullo
 

Atopar capítulo por: