CRTVG

Buscar

A revista

A Revista

15/06/2020 11:55 h

Índice de contidos

00:00 Comezamos 'A revista' deste 15 de xuño, a primeira fóra do estado de alarma. Adiantamos contidos do programa: normativa dos aeroportos e liñas aéreas para estes novos tempos e sección de sucesos
02:10 Os reporteiros de directos falaránnos do comezo dos sorteos da ONCE, da reaperura dalgúns parques infantís ou do xuízo que se celebra na Coruña polo asasinato dunha veciña de Cabana de Bergantiños
10:33 Propostas culturais cos compañeiros do 'ZigZag'
21:00 'Dígocho eu': non digas 'gañas'
21:54 Estrea de 'María Solinha' en Cangas e Redondela. A historia dunha muller acusada de bruxería e o seu paralelismo coa muller de hoxe en día. A película vai estrearse primeiro en zonas do rural, no cine ao aire libre. Falamos co director, Ignacio Vilar, e coa actriz Grial Montes
34:43 Explosión nas vías do tren de Santiago. Avaría eléctrica que obrigou os pasaxeiros a seguir a viaxe cara á Coruña en autobús
36:41 Avión Civil recomenda aos gobernos seguir as mesmas pautas para recuperar as viaxes en avión dentro da nova normalidade. Comentamos o tema con Miguel López Crespo, secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia, e Juan Antonio Rivadulla, presidente da Asociación Galega de Axencias de Viaxes
56:51 Volven os sorteos da ONCE, con edicións especiais
01:02:32 Reabren máis pasos fronteirizos con Portugal, só para traballar
01:07:23 Día de reapertura de parques infantís. Nalgúns concellos preferiron seguir agardando uns días máis
01:10:53 Laretamos sobre cando nos pisan o fregado. Vídeo de Pedro Brandariz
01:15:01 Fotos d@s revisteir@s
01:17:21 Mesa de sucesos: xuízo na Coruña contra un home acusado de matar a súa muller a tiros en Cabana de Bergantiños; caso Madeleine, que volve reabrir, e nova anciá raiacoches no Grove
01:38:38 Información do tempo
01:42:00 Despedimos a primeira 'A revista' da nova normalidade, fóra do estado de alarma, facendo un chamamento á precaución
 

Atopar capítulo por: