A revista
A Revista
05/06/2020 11:55 h
Índice de contidos
Comezamos 'A revista' deste venres 5 de xuño co minuto de silencio dos Reis para simbolizar a fin, esta media noite, dos 10 días de loito oficial decretados polo Goberno central
Adiantamos os temas que imos desenvolver no programa: o sector das conservas, os animais afectados polo confinamento e a sección de Octavio Villazala
Visitaremos tamén un criadeiro de papagaios en Allariz
Buscamos variedade de conservas en Vilagarcía
Propostas culturais cos compañeiros do 'ZigZag'
Visitamos as serras dos Ancares e O Courel
Aumentan os controis de tráfico coa chegada da fin de semana para evitar desprazamentos non xustificados
Preocupámonos pola situación dos animais, deprimidos e afectados pola pandemia. Falamos coa veterinaria Ana Regueira e co adestrador canino Jose García. Conectamos cun criadeiro de papagaios en Allariz, cun centro educativo da fauna en Betanzos e visitamos o acuario da Coruña
Aumenta o consumo de conservas. Poñemos en valor o sector co secretario xeral de ANFACO, Juan Vieites; a nutricionista Lidia Folgar e o cociñeiro Kike Piñeiro. Visitamos unha conserveira en Vilagarcía
Fotos d@s revisteir@s
Octavio veu acompañado duns pitiños e trouxo catro cans para adoptar
Información do tempo, con Diego Viaño
Rematamos anunciando que o luns pasamos á fase 3 e coa música das bandas CMUS profesional de Santiago