A revista
A Revista
04/06/2020 11:55 h
Índice de contidos
Comezamos 'A revista' deste xoves 4 de xuño dando grazas á audiencia pola súa fidelidade e adiantando temas: o boom das piscinas e o adiamento de vodas, comuñóns e demais eventos
Os puntos limpos duplican o número de veciños que acoden levar produtos que non se poden botar nos colectores
A ponte da Ponte Maceira, á espera do certificado para declarala Ben de Interese Cultural
Novo protocolo nas tendas de noivas, que tratan de non perder a campaña
Propostas culturais cos compañeiros do 'Zigzag'
O máis visto das redes sociais coa compañeira do Departamento Audiovisual Alba Mancebo
Vodas, comuñóns e demais eventos adiados. As empresas do sector traballan para saír adiante e xa pensan na campaña do ano que vén. Falamos con Sabela Cereijo, cantante; David Brocos, dunha empresa de animación, e en directo estamos nunha tenda de vestidos de noivas
'Dígocho eu': non digamos 'tweet'
As revistas do corazón, con Isi
Laretamos sobre o novo empeño dos chineses de ir na busca de extraterrestres
Fotos d@s revisteir@s
O boom das piscinas. As empresas e fabricantes están desbordados. Mesmo hai quen as quere montar en terrazas. Falamos co arquitecto Miguel Serrano e a empresaria Raquel Ferreiro. Interesámonos tamén polo sector dos socorristas, Nuria Rodríguez é a presidenta da Federación de Salvamento e Socorrismo. Visitamos as áreas fluviais de Tapia, en Ames, e de Vila de Cruces
Diego Viaño tráenos a información do tempo
Rematamos 'A revista' deste xoves 4 de xuño