CRTVG

Buscar

A revista

A Revista

26/05/2020 11:30 h

Índice de contidos

00:00 Comezamos 'A revista' do segundo día da fase 2, martes 26 de maio, adiantando os contidos do programa: efectos secundarios da COVID-19, as primeiras visitas nas residencias de maiores, o aumento dos divorcios, turismo rural e de cámping e aumento dos animais que saen do monte
02:36 Temas dos directos de rúa: volven as clases e cursos, estamos nun de maquillaxe; repuntan as reservas en lugares de costa como Sanxenxo, os hostaleiros de Ourense crean unha asociación para saír da crise
09:42 Tempo de 'O agro'
15:32 Propostas culturais con María Solar
25:27 Diminúen os casos de enfermos na UCI. Analizamos tamén os posibles efectos secundarios do virus. Falamos con Marina Blanco Aparicio, doutora do servizo de pneumoloxía do CHUAC
35:19 Aprendemos a non dicir 'altavoz' no 'Dígocho eu'
36:04 O aumento da fauna entre os humanos. Os animais achéganse ás vilas. Contóunolo Serafín González Prieto, da Sociedade Galega de Historia Natural
01:10:58 As residencias de maiores que leven máis de 15 días sen ningún positivo de coronavirus poden recibir a visita dalgúns familiares. Atendéronnos desde unha da Coruña
01:20:25 Santiago Navas, un galego da Coruña, cóntanos desde Perú cal é a situación no país
01:30:07 Como maquillarnos nesta nova normalidade en que a máscara é obrigatoria
01:40:57 Laretamos sobre un vídeo que en Italia se fixo viral. Advirten de que a COVID-19 se cura nos hospitais, pero tamén coa responsabilidade na rúa
01:43:10 Fotos d@s revisteir@s
01:45:37 Vista de apelación do xuízo de Diana Quer. Analizámolo coa colaboradora Patricia Abet
01:54:47 Aumentan as solicitudes de divorcios co remate do confinamento e tamén de aprazamento das pensións aos fillos por falta de ingresos
01:59:35 Información do tempo, con Diego Viaño
02:02:52 Despedimos 'A revista' deste martes 26 de maio
 

Atopar capítulo por: