A revista
A Revista
21/05/2020 11:30 h
Índice de contidos
Comezamos 'A revista' deste xoves 21 de maio. Día da Ascensión, festivo local en Santiago coas rúas case baleiras. Adiantamos os contidos da mañá: aumento e uso responsable das novas tecnoloxías, situación complicada das axencias de viaxes, temas de consumo, visita ao Museo de Belas Artes da Coruña e revistas do corazón
Algúns reporteiros adiantan tamén os contidos que desenvolverán esta mañá: lembramos desde Vigo a obrigatoriedade do uso das máscaras e fomento do turismo rural
Este xoves abriu o Museo de Belas Artes de Coruña e Manuel Mosquera axudounos a pasear por unha das súas salas
Autocine, unha das alternativas para os vindeiros meses, e con películas galegas
Lembramos que é obrigatorio o uso de máscaras e como debemos poñelas e usalas
Comprobamos por Vigo como leva a xente ter que levar máscaras ao saír pasear ou mercar
Paradóxica situación entre Padrón e Pontecesures, separados por unha ponte e unha pandemia
Aumentou o uso das novas tecnoloxías, reforzouse o servizo e temos que prestar moita atención aos calotes e virus pola Rede. Contóunolo Ramón Rodríguez, asesor de telecomunicacións
'Dígocho eu': estadística ou estatística?
Explícannos como serán os futuros autocines que se montarán en vilas e lugares do rural estreando películas galegas e tamén de fóra
As axencias de viaxes seguen arranxando cancelacións e adiamentos de viaxes. Polo de agora, poucos se arriscan a contratar de cara ao verán. Contóunolo Juan Antonio Rivadulla, presidente da Asociación Galega de Axencias de Viaxes
O turismo rural está de auxe e xa comezaron a chegar reservas as casas de turismo rural
As revistas do corazón
Laretamos sobre as imaxes que nos chegan de Wuhan, onde xa empezan a recuperar costumes como o de xuntarse para bailar ao pé do río chegada a tardiña
Fotos que nos mandan @s revisteir@s
Buscamos a opinión dos veciños de Padrón e Pontecesures que están separados só por unha ponte, comparten servizos e non poden empregalos porque pertencen a provincias diferentes
Sección de consumo con Miguel López Crespo, secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia: dereitos das rebaixas, suba de prezos de produtos desinfectantes e máscaras; facilitar as máscaras a xente, xa que se fan obrigatorias, e protocolo igualitario nos supermercados
'Digocho eu': aprendemos a pronunciar o 'x'
Temos que adaptarnos ás máscaras os adultos e tamén a cativada. As pautas comentámolas coa psicóloga educativa, Libertad Culebras
Información do tempo, con Mabel Montes
Despedida co novo traballo e MJ Pérez