CRTVG

Buscar

A revista

A Revista

08/05/2020 11:30 h

Índice de contidos

01:03 Comezamos 'A revista' anunciando a desescalada do programa para o vindeiro luns e arrancamos con música: 'Bailando co mar', do grupo Arredores
03:29 'A onde ir cando nos deixen', do CEIP Plurilingüe San Marcos de Abegondo
05:56 Propostas culturais, xa non só na Rede, con María Solar
14:00 As empresas reinvéntase. De facer fotocopias e imprimir libros a facer os rótulos para marcar as distancias de separación
19:55 Reggae das etapas da desescalada
21:44 Falamos cunha luguesa que traballa de economista en París. Ana Varela cóntanos como van comezar a desescalar no país a partir do luns
29:49 Primeira quenda de felicitacións de aniversario
32:55 Malditos Roedores e 'Xa non podo coa COVID'
36:43 Banda de Música de Vilanova de Arousa, adaptación de 'Frozen' á COVID-19. Cuarto posto no concurso da TVG #EstamosXuntosNisto
40:12 Volven as feiras. Agora si se pode. Vemos como é o novo xeito de realizalas desde Arzúa
46:41 Os fisioterapeutas seguen preparándose para a desecalada. Falamos con Xoel Hermello, do Colexio de Fisioterapeutas de Pontevedra
55:12 A venda en liña, o presente e o futuro. Tamén as rosquillas de Gondomar se venden por Internet, mesmo as están pedindo desde Irlanda
01:00:20 Este domingo celebrarase a Festa do Melindre de xeito virtual. Pregón, maxia ou música. Os melindres, ricos e amendoados véndense tamén en liña
01:04:24 Conferencia de prensa cos últimos datos da pandemia. Aumenta lixeiramente o número de contaxiados
01:14:27 Segunda quenda de felicitacións de aniversario
01:17:22 Exercicios para facer ximnasia na casa
01:27:07 O compositor e intérprete Luís Costa, xunto con artistas de moitos recunchos, grava un videoclip lembrando que 'Non estamos sós'
01:29:00 En San Fernando de Henares, membros da UME continúan desinfectado marquesiñas
01:31:07 Cambios no ámbito relixioso a partir do vindeiro luns. Cóntanolos o párroco da Estrada
01:37:16 Última quenda de aniversarios
01:39:08 Fotos que nos mandan @as revisteir@s
01:41:43 Octavio Vilazala, cun can para adoptar e dúas cabritiñas para coñecer as súas características
01:56:07 Laretamos sobre as acrobacías enriba da bici do rider austríaco Fabio Wibmer
01:58:21 'A muiñeira do eskornavirus', de Sons do Peto
02:01:17 Declaracións de Alberto Núñez Feijóo ao remate do Consello da Xunta
03:07:38 Remata comparecencia do presidente da Xunta

Atopar capítulo por: