CRTVG

Buscar

A revista

A Revista

21/04/2020 11:30 h

Índice de contidos

00:14 Comezamos 'A revista' deste martes 21 de abril, chamando á responsabilidade ante a pronta saída dos cativos á rúa
01:00 Tempo de 'O agro'
06:36 Problemas de vendas no sector da carne. Carneiro e cabrito non dan saído á venda
09:50 Cristina da casa niño Kikí do Corgo homenaxea os seus pequerrechos
11:06 O can de Alfonso Aguado busca un libro para entreterse estes días
12:29 Conferencia de prensa informando dos últimos datos da pandemia
27:31 Preguntoiro musical sobre Ricardo Carvalho Calero
30:21 Propostas culturais na Rede, con María Solar
39:46 Os membros do Ensemble de clarinetes do Conservatorio Xoán Montes de Lugo gravaron unha versión da banda sonora de Gladiator
42:12 As autoescolas paralizadas e con perdas millonarias por mor da pandemia
47:41 Rezos, candeas e luces no barrio do Calvario para os que nos deixaron por mor do coronavirus. Ánxelo López, de 16 anos
50:06 As novas tencoloxías aliadas tamén da xente maior. Foina xoga á tableta e ten conta de Instagram
51:20 Vídeo da residencia de maiores O Malecón de Monforte
53:27 Mensaxe de ánimo de Cristina Sánchez de Carballo
54:09 O pan de Ana Cores. Agardamos pola súa receita
55:38 Desde Estrasburgo falamos con Belén Abal, unha galega de Barro atrapada sen poder ver a súa familia. Falamos tamén coa pequena Enma
01:03:59 Momentos para lembrar tempos pasados e o que fai Marái José e Sito da Pontenova, pero residentes no Milladoiro, Ames
01:05:56 Santiago Fajilde bota de menos o seu veleiro, atracado no peirao de Baiona, e saúdao desde a casa
01:06:43 O sentimento dos animais. Inka sofre ao ver pola fiestra como pasea o amigo Kilo
01:07:16 Mensaxe de ánimo do club de lectura Elefantes de Papel de Crecente
01:09:47 Baixa o prezo do petróleo, pero as gasolineiras seguen baleiras e con perdas importantes
01:14:12 Polémica en lugares como O Carril porque hai igrexas que seguen abertas e veciños que acoden rezar. Outros insúltanos desde as ventás
01:17:50 Os viveiros de plantas sofren importantes perdas; e algúns produtores reinvéntanse. Olaia Mato, de A Horta de Lucinda, cóntanos que agora se dedican a vender polas portas
01:23:25 Ximnasia con Tamara Barreiro
01:33:04 Os do club de BTT e Guitiriz seguen 'betteando' neste illamento
01:35:44 Fotos que nos mandan @s revisteir@s
01:38:24 Falamos de como aumentar a vitamina D estando confinados. É moi importante o consumo de peixe azul
01:45:18 Felicitacións de aniversario: para Silvia de Vigo, agarimos desde Alemaña. Celtia, de Noia, que fai 10 anos, mensaxe desde Fene. Anxo fai 5 anos. Daniela, de Ourense, fai 6 anos e felicítaa a súa madriña Mónica. Aldar, de Vilagarcía, fai 12. Paula, de Caldas de Reis, fixo onte anos e recibe a mensaxe de súa nai. Patri recibe os parabéns dos compañeiros de traballo dun Gadis de Santiago. Cristina, de Pontecesures, fai 37 anos. Parabéns para Patri Iglesias. Mónica, de Regufe, tamén está de aniversario. Claudio e Josefa son irmáns e fan anos o mesmo día, naceron en anos diferentes. Jaime fai 90 e a familia quixo felicitalo
01:58:24 Laretamos sobre un novo vídeo que nos mandou o Pachacho de Cedeira. Algúns, como Víctor, botan de menos as churrascadas e imaxinan que están facendo unha. Uns veciños de Marón procesionan na casa
02:01:04 Redacción de informativos, última hora con Mon Santiso
02:03:24 Como prepararse emocionalmente para a saída da cativada o vindeiro 27 de abril. Contóunolo a psicóloga Libertad Culebras
02:13:12 Diego Viaño adiántanos a previsión do tempo para as vindeiras horas
02:15:36 Despedimos 'A revista' deste martes 21 de abril cunha mensaxe de ánimo para @s revisteir@s
 

Atopar capítulo por: