CRTVG

Buscar

A revista

A Revista

16/04/2020 11:30 h

Índice de contidos

00:02 Comezamos 'A revista' deste xoves 16 de abril cunha mensaxes de ánimo aos revisteir@s
00:40 Vídeo da ledicia dos alumnos do cole Salesianos da Coruña. Tamén moito ánimo da cativada de 5 anos do cole Isaac Ferrol
05:14 Amal e a súa amiga fan vídeos para axudar neste illamento
07:43 As opcións culturais pola Rede
16:02 Surfeiros adestrándose mar adentro coordinados por unha empresa galega de adestradores
17:48 Mensaxe da CAPM de Ortigueira, sen casos positivos por coronavirus
19:58 Persoal e mestres do CEIP Santa Mariña de Redondela, feito con moita retranca
22:24 Músicos de Ferrol, Lugo ou A coruña, xuntos desde a distancia
23:54 A versión do 'Resistiré' feita polo pai, nai e fillos da familia Martínez Guillén. Falamos con eles da creación do vídeo, pero tamén de como levan o illamento
29:50 Chamamento a doar sangue. As unidades móbiles seguen traballando con todas as garantías e están baixas as reservas do A e 0 positivos
33:45 Escoitamos a voz da pequena Ángela
35:28 Uns cativos entréganlle unha carta de agradecemento á condutora do autobús que pasa todos os días por diante das súas casas
36:20 Visitamos o lugar de Madriñán, Lalín
38:28 Uns veciños da Estrada crearon unha plataforma. 600 familias nun mesmo grupo para axudarse mutuamente, facendo recados e tamén cun bote de cartos para agora e cando se levante o illamento axudar os que o necesitan
45:39 Os hostaleiros de Barreiros anuncian que van volver abrir as portas cando este illamento remate
47:57 O blues do illamento de parte de músicos da Coruña
54:05 Isi non para e cóntanos o que pasou estes días no mundo dos famosos
01:03:00 Conferencia de prensa sobre a evolución da pandemia en España
01:18:20 Viaxamos ata Lausanne, en Suíza, para falar con Juan Manuel Justo, un galego de Ourense que vive coa muller e a filla e ten de visitante a súa nai que está atrapada sen poder regresar a Galicia co seu home
01:24:50 Falamos con Carmela de Disflora en Poio e cóntanos cal é a situación do seu sector. Tira con flores todos os días porque se estragan e non teñen saída. Nun recuncho da rúa deixa todos os días flores para compartilas cos veciños. Ten perdas duns 30.000 euros polo de agora
01:28:42 Entramos na residencia Doral de Mos para falar co seu director e con algúns dos residentes. Mandaron mensaxes de morriña e agarimo para os seus familiares
01:38:21 En Fuenlabrada, un equipo desinfecta altruistamente os vehículos dos servizos esenciais
01:41:23 Ximnasia para poñernos en forma
01:51:00 Felicitacións de aniversario para Iago e Lucía, para Martín e Fina de Vigo e tamén para Ángela, a madriña de Shaila. Parabéns para Carla Goyanes, traballadora do hospital de Santiago, de parte de seus tíos. Celebramos tamén o 100 aniversario de María, que está nunha residencia en Tomiño e a súa familia mándalle moito agarimo. Parabéns para Dolores de Mazaricos
01:57:59 Fotos que nos mandan @s revisteir@s
02:01:33 Última hora desde a redacción de informativos
02:03:16 Falamos coa psicóloga Libertad Culebras das relacións cos veciños e as mensaxes ameazantes a algúns traballadores

Atopar capítulo por: