A revista
A Revista
15/04/2020 11:30 h
Índice de contidos
Comezamos 'A revista' deste mércores 15 de abril facendo un chamamento á responsabilidade
Vídeo do CEIP Plurilungüe Santa Rita de Galdo, Viveiro. Mensaxe de ánimo e do que pasará despois do Senatus Lucus Augusti. Mensaxe de ánimo dos traballadores da perfumería de El Corte Inglés de Santiago para todos os compañeiros que seguen en activo
Tempo de 'O agro'
Vídeo de apoio a gandeiros e agricultores de Lola
Propostas culturais que nos trouxo María Solar
As forzas de seguridade acompañan a patrulla canina e outros personaxes do Show dos Pallasos. Lévanlle comida e moito ánimo á cativada de Pontecesures
Iniciativas para facilitarlles a comunicación tamen ás persoas xordas illadas
Os mozos do coro Meraki de Vigo actúan xuntos nestes momentos de illamento. Abel Pena, con 15 anos, sae todos os días ás 20.00 tocar a gaita ao balcón
Falamos con Óscar Díaz Castro, da Sociedade Galega de Cardioloxía. Consellos para as persoas con algunha doenza cardíaca
Conferencia de prensa cos últimos datos da pandemia en España
Mensaxe de apoio aos enfermos que chega desde o CHUAC. Reivindican o traballo de limpiadoras, cociñeiros, celadores...
Lembramos os sorrisos da cativada do colexio Vilas Alborada de Santiago
Os revisteir@s fóra de Galicia tamén están atentos ao noso programa. A asociación cultural galega Agarimos de Badalona mándanos un vídeo musical
Falamos con José Colazo, un galego traballando en Núremberg, Alemaña. Cóntanos cal é a realidade no país
O persoal do colexio Eusebio da Guarda ameaza con volver. Os do Club Sincro de Ourense seguen adestrándose fóra da auga. Na academia Alumar de Cerceda botan de menos o alumnado e mándalle unha mensaxe. Abel Pena, de 15 anos, fixo este traballo para o IES de Guitiriz, para amosar como nos mudou a realidade. Tamén o coranavirus está presente nas ilusións do mago Richard. Vídeo de agarimo da protectora de animais Biosbardos de Ponteareas. Cristina de Carballo de Oza mándanos moito optimismo.
Coñecemos como retoman a actividade nunha empresa de zapatos de Monforte. Fan calzado para A China
Xosé mándanos unha mensaxe de apoio a todo o equipo de 'A revista'. Graciñas por darnos ánimos nestes momentos
Momento da ximnasia
A asociación deportiva Os Jarnachas adéstrase sacándonos un sorriso
Sección de felicitacións de aniversario: Aniversario de Adri, fai 8 anos e felicítano os seus curmáns. Aniversario de Samuel López, de Dumbría, 9 anos, seus pais mándanlle moito agarimo. As amigas de Erika, que fai 16 anos, mándanlle as súas felicitacións. A señora Delmira de Buazo, Boimorto, fai 86 anos e a familia cántalle os parabéns
Miguel López Crespo, da Unión de Consumidores de Galicia, resólvenos dúbidas: sobre a tramitación dos ERTE, os seguros de deceso, os créditos de alugueiro ICO e o cambio de compañía teléfonica
Fotos dos revisteir@s
Última hora desde a redacción de informativos
Octavio trae outro can para adoptar e fálanos da relación do home e os animais
Información do tempo reducida
Conferencia de prensa de Alberto Núñez Feijoo para informar da situación en Galicia
Despedimos 'A revista' deste mércores 15 de abril cunha nova mensaxe de ánimo e chamamento á responsabilidade