CRTVG

Buscar

A revista

A Revista

14/04/2020 11:30 h

Índice de contidos

00:00 Comezamos 'A revista' deste martes 14 de abril, coa conferencia de prensa que nos informa dos últimos datos sobre a pandemia en España
22:04 14 de marzo, fai un mes do illamento por mor da COVID-19 e mandamos mensaxe de ánimo para os revisteir@s
23:24 Tempo para o agro
27:09 Juan Novo e a súa filla fixeron unha nova versión do 'Resistiré'. O recadado irá para colaborar coa elaboración de máscaras protectoras
30:47 María Solar tráenos iniciativas culturais das que gozar polas redes sociais
39:44 Música do grupo Bastarabás, da agrupación musical Cetárea de Cedeira
42:33 Os empresarios de Vilagarcía únense para pedir que cando se levante o illamento non se permitan as rebaixas
46:35 Mensaxe dos mestres do colexio público de Cedeira
49:09 Falamos con Carlos Valcárcel, profesor da Universidade de Vigo. Cóntanos cal é a situación actual da ensinanza universitaria
55:15 Na farmacia O Parque de Burela dinnos que sempre terán unha luz verde prendida
56:32 Susana e Alba, desde Barrantes mandáronnos unha chea de bicos virtuais
58:06 Unha empresa de Taboada recíclase e crea un dispensador de xabón desinfectante
01:02:52 Un grupo de voluntarios crearon unha plataforma loxística para crear e distribuír viseiras protectoras. Falamos cun dos seus promotores, Paulo López
01:08:13 Sacar os disfraces do armario e poñerse a bailar como avó e neto. Está claro quen manda na casa
01:08:56 Desde Ponte Caldelas, Digna Pérez, aos seus case 76 anos, dedícanos un alalá
01:10:35 O home de Ofelia Rego entretense tocando o acordeón
01:11:27 Carmen, con 8 anos, desde Marín, acaba de inventar a máquina atrapavirus
01:12:32 Laura entretén a familia facendo croquetas
01:13:09 Fina Trigo, de Cabanas, ensínanos a facer ovos encapotados
01:15:41 Antonio Amenedol, cociñeiro do pazo de Santa Cruz, converteu os seus callos en solidarios. Repárteos entre os sanitarios do CHUAC e os senteito da zona da Coruña
01:22:18 'Unidos deste a fiestra, un mes de confinamento', iniciativa do sector da cultura. Cantaron todos xuntos o himno galego e convidaron a cidadanía saír ás fiestras para entoalo
01:31:31 Vídeo do club BTT a Cova da serpe de Guitiriz. Están desexando volver ao monte
01:33:13 Tamara Barreiro ponnos en forma
01:43:36 Entramos nunha cociña solidaria en Alcorcón. Voluntarios cociñan para colectivos necesitados
01:46:38 Música de Guadi Galego e a Banda de Música de Merza
01:48:48 Felicitámoslle o aniversario a Nucha de Pontevedra, que fai 84 anos. Tamén a Andrea, que fai 19
01:51:36 Última hora desde a redacción de informativos
01:54:33 Juan Gestal, catedrático de Medicina Preventina, resólvenos dúbidas
02:00:28 Fotos que nos mandan @s revisteir@s
02:03:13 Libertad Culebras, a nosa psicóloga colaboradora, dános pautas para xestionar as mensaxes e os tutoriais que nos invaden nos grupos e redes sociais
02:10:36 Noelia Rodríguez avísanos das treboadas que nos agardan os vindeiros días
02:13:20 Despedimos 'A revista' deste martes 14 de abril. Xa levamos un mes de confinamento
 

Atopar capítulo por: