A revista
A Revista
09/04/2020 11:30 h
Índice de contidos
Vídeos que nos mandan os revisteir@s: colexio Compañía de María de Vigo, CPR A Purísima de Ourense, alumnos do conservatorio profesional de Ourense
Falamos cun mestre de física do instituto Rosalía Castro de Santiago, Suso Fidalgo. Cóntanos como está a preparar as clases e as inquietudes do alumnado
Máis vídeos dos revisteir@s: Zahira quere ir ao parque, os fillos de Marisol recoméndannos quedar na casa e o poli Paco ten unha mensaxe para a cativada
Mensaxe de apoio para o persoal sanitario, en concreto para Casandra, técnica de emerxencias en Lugo
Felicitacións de aniversario: parabéns para Naiara, que fai 4 anos, e para Eva, que fai 8
Desde Monterroso anímannos a bailar Zumba
Viaxamos co galego Álex Hermello ata Grecia para que nos conte como se atopa e cal é a situación no país
Isi fainos un repaso polas revistas do corazón
Nin os que máis o necesitan poden quedar sen algo quente que comer. Organizacións como Cáritas continúan funcionando. Contóunolo Anuncio Mourño, de Cáritas Santiago
Desde Ifema fálannos de novas iniciativas solidarias
Os centros de saúde seguen abertos estes días para atender as urxencias. O sobreesforzo, profesionalidade e humanidade do persoal sanitario vémolo desde O Milladoiro, en Ames
O neurocirurxán Javier Bandín segue insitindo en recomendar tapar a boca cando saiamos a rúa, con máscaras ou o que atopemos pola casa
Ximnasia con Tamara Barreiro
Aumento dos controis de vixilancia para impedir que os cidadáns saian á rúa nesta Semana Santa
Concurso de cancións na TVG. Mandade os voso vídeos a estamosxuntosnisto@crtvg.gal
Carlos Barros, desde Mondariz, mandounos unha peza coa harmónica
Sección rural: desde Quiroga cóntannos como sofren o estado de alarma os produtores de aceite. Poema dedicado aos gandeiros e a Galicia de Ainhoa Fernández e Andrea Valle. Vídeo homenaxe aos gandeiros de Santa Comba
Conferencia de prensa informando dos últimos datos da pandemia en España
Paula Bustelo mandounos unha peza galega dedicada ao coronavirus que interpretan membros da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras, Teo
Ana Agro ensínanos como viven os veciños dos lugares de Galegos e Toimil, en Lalín
Comprobamos en directo o baleiras que están as rúas de Ferrol. Falamos tamén con César Carreño da Xunta de Confrarías de Ferrol. Comprobamos en directo o desalodas que están as rúas de Viveiro
Fotos que nos mandan @s revisteir@s
Laretamos sobre un xeito de atopar papel hixiénico, só temos que pedilo
Libertad Culebras dános a explicación dos hábitos que estamos a coller estes días: esgotamos o papel hixiénico, a cervexa, a fariña,...
Mabel segue traéndonos chuvia para esta Semana Santa
Despedimos 'A revista' deste 9 de abril. Feliz Xoves Santo de confinamento para tod@s os revisteir@s e moito ánimo. Que non decaia o sorriso