A revista
A Revista
08/04/2020 11:30 h
Índice de contidos
Comezamos 'A revista' deste mércores 8 de abril de Semana Santa histórica e confinados, e facémolo co tempo de 'O agro'
Propostas culturais na Rede, con María Solar
Sección de felicitacións de aniversario: dos tíos, padriños e curmáns para Daniela, que fai 9 anos. Félix felicita a Hugo, que fai 10 anos. Os netos de Clara de Marín mándanlle un vídeo para felicitala e levantarlle o ánimo
A cativada do colexio Tirso de Molina dános a razón para facer exercicio
Consellos e pautas para os enfermos de cancro coa psicóloga Ainhoa Carrasco, da AECC da Coruña
Mensaxe do profesorado do CEIP Coirón-Dena
Canción dos profes para os alumnos do cole Doña Emma de Santiago
A profe de cuarto de primaria do CEIP Pedro Caselles de Tomiño comunícase cos seus alumnos a través dun grupo de WhatsApp. Tivo en conta aqueles que non teñen ordenador nin tablet na casa
Xiana Albor mandounos un vídeo de ánimo para os nosos maiores
As coidadoras do centro da terceira idade O Lecer en Vigo están illadas cos maiores para protexelos do coronavirus. Falamos coa directora, Rebeca Rebolo, e eles mándannos varias mensaxes
As clases de ximnasia da revisteira María
Mensaxe de ánimo para o persoal do HULA
Escoitamos as inquietudes dos autónomos con Álvaro Viqueira, secretario xeral da Asociación de Traballadores Autónomos
Algúns feirantes quedaron atrapados. Falamos cuns de Benavente que pasan o confinamento en Verín
Conferencia de prensa cos últimos datos sobre a pandemia do coronavirus
Poñémonos en forma con Michael Barro
Aumentan os controis para evitar cambiar de casa durante esta ponte
Actualidade do coronavirus en Galicia e acordos do consello da Xunta
Despedimos 'A revista' deste mércores 8 de abril. Mañá, Xoves Santo, regresamos