CRTVG

Buscar

A revista

A Revista

03/04/2020 11:30 h

Índice de contidos

00:00 Arrancamos 'A revista' deste venres 3 de abril dándolles os parabéns a todas as Dolores. Hoxe, aínda en estado de alarma, é o seu día e dedicámoslles o programa. Comezamos coas propostas culturais de María Solar
08:13 Os grupos de música galego seguen mandándonos vídeos de apoio aos revisteir@s. Hoxe foi Ciclón
11:24 Unhas mozas de Padrende organizan nas redes sociais un concurso parecido a 'Operación Triunfo'
12:39 Escoitamos en directo a voz de Miriam Rodríguez. Estrea hoxe traballo en formato dixital, 'La dirección de tu suerte'. Presentounos a súa nova aventura e ata nos cantou en directo
22:07 Lola ten 88 anos. É de Aguiño, Ribeira, e non perde o bo humor neste illamento. Canta e toca o acordeón
22:58 As fillas de Cristina da Coruñ mándonnos ánimo e dannos ideas para quedar na casa
23:24 Dámoslles os parabéns a Adrián, que este domingo fai 9 anos. É de Vigo igual que Ángeles e Manuel os seus avós que lle mandan un agarimo
24:31 Persoal sanitario de Verín segue animándonos a quedar na casa
25:19 Coñecemos a realidade dos sanitarios e como se están preparando as clínicas privadas para axudar a sanidade pública. Falamos con Verónica Ángel Álvarez, directora médica de La Rosaleda
31:17 Mensaxe de apoio e queda na casa dos traballadores do supermercado Gadis en Catro Camiños, na Coruña
34:16 Mensaxe do persoal de emerxencias para axudarnos nesta pandemia
37:19 Unha empresa da Coruña ofrece as súas autocaravanas para o descanso do persoal sanitario
41:39 Felicitamos a José Manuel Caloto, de Baralla, de parte dos fillos, Sonia, Luz e José, e tamén dos netos
42:21 Iniciativa dun artesán de Corcubión, Frank Buschman fixo casiñas de madeira e deixounas nunha fonte da vila. Agasallo para a veciñanza, para reflexionar con elas e axudar a cambiar o mundo
49:30 Escoitamos a canción que nos dedicou aos revisteir@s Lourdes Santos Sanz, profe de canto de Lugo
53:02 Este venres toca ximnasia con Tamara Barreiro
01:01:42 O farmacéutico Pablo García Vivanco, achéganos consellos para alimentarnos ben neste illamento e manter as medidas de hixiene
01:09:04 Aumentan os controis das forzas de seguridade para evitar que a xente marche para as segundas residencias na fin de semana
01:13:30 Rosa e súa nai danlle os parabéns a Elisabeth Gil, que fai anos esta fin de semana. Unhas están en Vigo e a outra, en Cangas
01:14:13 O concello de Ponteareas saca un bando para regular os paseos dos cans durante o confinamento
01:16:53 Na residencia de Nigrán intervida pola Xunta continúa o traslado de persoas maiores non contaxiadas coa COVID-19
01:19:58 Paco Fanego é un veciño de Mondoñedo que fixo 106 anos e o Concello quixo agasallalo. As autoridades aparecéronlle na porta a tocar as sirenas dos vehículos
01:21:21 Moito ollo cos calotes e as estafas polas redes sociais. Advírtenos e danos consellos José Julio Fernández, director do Centro de Estudos de Seguridade
01:27:29 Conferencia de prensa informando da última hora do coronavirus en España
01:46:28 O presidente da Xunta informa da situación da COVID-19 en Galicia e das medidas adoptadas polo Consello da Xunta
02:56:54 Despedimos 'A revista' deste 3 de abril convidando @s revisteir@s a seguir con nós o vindeiro luns
 

Atopar capítulo por: