A revista
A Revista
02/04/2020 11:30 h
Índice de contidos
Comezamos 'A revista' deste xoves 2 de abril con forza e ánimo que tentamos transmitir @s revisteir@s. Como é o Día do Libro Infantil, María Solar tráenos varias propostas culturais en relación co tema
Nadir lendo desde o seu cuarto o poema 'Londras', do libro 'Lendas digo Versos'
Daniela e Noa fixeron uns debuxos cos que súa nai relata un conto sobre o coronavirus
@s fill@s de Caride e Olga felicitáronnos polo seu aniversario. Mensaxe deles e dos netos e bisnetos
Falamos coa presidenta da Federación de Autismo de Galicia, María José Álvarez, para concienciar sobre este Día mundial do Autismo
José Antonio pon en forma as pitas dándolles de comer
Manolo ponlle zapatos á súa cadela Malú para ir buscar o pan
Carlos, o marmorista, solta o pelo para bailar coa súa filla
Vídeo da comparsa 'Vou nun bou¡, que se xuntan a través da Rede desde Santiago, Vilagarcía, Beluso, Bueu, As Malvinas ou Holanda
Os maiores e traballadores da residencia A Saleta de San Cristovo de Cea mandan unha mensaxe de ánimo
As xestorías non paran de traballar. Xestionan o papeleo dos autónomos, dos que se viron involucrados nun ERTE e piden que non nos apuremos a facer a declaración da renda
En Madrid xuntáronse un grupo de profesionais da cociña para achegarlles alimentos aos sanitarios e traballadores doutros sectores que seguen en activo. Cóntanolo en directo unha galega
Lembrámoslle a Lito da Panorama que prometeu mandar un vídeo adicado aos revisteir@s. De mostra amosámoslle a canción que fixeron os da orquestra Compostela
Isi lareta sobre as revistas do corazón. Cóntanos como o famoseo leva o illamento
50 cantantes galegos colaboraron para facer unha versión da canción 'Resistiré'. Os cartos recadados irán para axudar a Cáritas
Tamara Barreiro é a encargada de darnos este xoves as clases de ximnasia
Sabela, Catuxa e Lois seguen con moita atención as clases de ximnasia que ofrecemos en 'A revista'
Sara Fernández é unha rapaza de Pontevedra que lle fai a compra e o resto de recados a xente maior do seu edificio
En dúas residencias de maiores da área de Vigo seguen esperando pola confirmación dos test de coronavirus para facer o traslado das persoas que non estean contaxiadas
Conferencia de prensa de sanidade para informar da última hora sobre o COVID-19 en España
No Álvaro Cunqueiro de Vigo están habilitando módulos no exterior para que os sanitarios poidan descansar
Unha empresa de Lugo desinfecta vehículos de organismos e colectivos que traballan estes días
Fotos que nos mandan @s revisteir@s
Desde preto de Lucerna, Suíza, aténdenos Yara Alonso, unha estudante galega que nos conta cal é a situación no país Helvético
As agrotendas estñan moi solicitadas neste illamento. Venden plantas, comida para os animais e tamén fitosanitarios. Carlos Reguerio advertiunos que moitas das plantas rematarán morrendo polas xiadas
Laura Vallejo, gandeira e operaria forestal envíalle unha mensaxe de forza aos compañeiros do sector
Laretamos sobre un home que como non ten parella de baile arrímase ao espello para bailar consigo mesmo, tamén como un cativo tenta abrir a persiana para saír a rúa
Quedamos abraiados ao ver o vídeo dun can facendo exercicio coa súa dona
Última hora desde a redacción de informativos con Mon Santiso
A nosa psicóloga colaboradora, Libertad Culebras dános pautas para controlar os nosos sentimentos e mesmo nos ofrece pautas de relaxación
Diego Viaño aprende a respirar para relaxarse e despois tráenos a información do tempo
Despedimos co noso mellor sorriso 'A revista' deste xoves 2 de abril