CRTVG

Buscar

A revista

A Revista

01/04/2020 11:30 h

Índice de contidos

00:00 Comezamos 'A revista' deste mércores 1 de abril, o mes do confinamento, da loita contra o COVID-19. Primeiro toca tempo e 'O agro'
06:35 Propostas culturais que nos trae María Solar
18:49 Os netos e bisnetos de Vicenta de Taragoña felicítanlle o aniversario a través de 'A revista'
20:07 Daniel dános os bos días cun simpático vídeo
20:58 Concha de San Salvador de Meis escacha coa risa gravando o vídeo da familia compartindo bicicleta
22:37 Os do Club Ciclista Cambre adéstranse na distancia e convídannos a quedar na casa
24:28 Natalia e Helga crean coreografías as cancións de moda
26:05 Os profes do CEIP Altamira botan de menos o alumnado e mándanlle moita forza
30:35 Os do Club de Patinaxe de Arteixo colgaron os patíns, pero xa pensan nos abrazos e encontros de despois do confinamento
34:21 As tinturerías seguen abertas para atender os traballadores dos sectores que seguen en activo
38:27 Despois dos aplausos, Adrián en Marín sae ao balcón tocar a trompeta
39:52 Os talleres mecánicos están abertos só para atender os traballadores dos servizos esenciais. Advírtennos de que as grantías e os prazos de cambiar aceite ou pastillas de freo non van caducar. Atendeunos José Otero
46:14 Jean cóntanos cal é o seu día a día como camioneiro
47:02 Non intentedes repetir os exercicios do seguinte vídeo
47:56 Escoitamos a última canción da Banda de Música de Silleda, 'A vida é fermosa'
51:22 Laretamos sobre unha muller que se inventou un aparello para comer sen ter contacto con ninguén
52:47 Coñcemos a situación na Arxentina da man dun revisteiro, Carlos Maranguello
57:30 Conferencia de prensa de Sanidade informando da evolución do COVID-19
01:21:30 Celebración da familia dun cirurxán que superou a fase aguda do COVID-19
01:22:25 Empezan os traballos para montar dous hospitais de reforzo en Galicia, un na Coruña e outro en Santiago
01:25:29 Os quioscos seguen abertos e venden moita prensa, revistas, pasatempos e material escolar. Visitamos un en directo
01:28:28 Ximnasia con Michael Carro
01:39:17 O sector pesqueiro pide medios para seguir traballando. Os prezos do produto baixan e empeza a non compensarlles saír ao mar. Falamos con Basilio Otero, presidente da Federación Española de Confrarías e Antonio Otero, patrón maior do Grove que faena pola ría de Pontevedra
01:53:15 Fotos que nos mandan @s revisteir@s
01:55:16 Última hora desde a redacción de informativos con Mon Santiso
01:58:59 Consellos para axudara á cativada e adolescentes a levar mellor este illamento. Tróuxonolos a nosa psicóloga colaboradora, Libertad Culebras
02:07:31 Diego Viaño tráenos un pouco máis de calor para os vindeiros días
02:10:49 Despedimos 'A revista' deste mércores 1 de abril mandando e convidando @s revisteir@s a manter un sorriso nas súas vidas
 

Atopar capítulo por: