A revista
A Revista
30/03/2020 11:30 h
Índice de contidos
Comezamos 'A revista' deste luns 30 de marzo adiantando a nova programación da TVG para estes días de illamento. Contóunolo a responsable de contidos de programas, Montse Besada
Propostas culturais na Rede que busca María Solar desde a súa casa, con teletraballo. Aproveitamos para falar con Susana Seivane, que sae ao balcón a diario para tocar a gaita e animar a veciñanza
Vídeos que nos mandan os revisteir@s: Julián dános alternativas para facer ximnasia na casa; moito coidado co material co que se fan as máscaras; as fillas de Bibi dedícanse a bailar a muiñeira; os fillos de Tamara ensaian un baile; Silvia felicita o seu afillado, que está de aniversario, e música para amenizar o confinamento
Brígida, de Xearte Brigitte, ten o negocio pechado e a caseira deicidiu non cobrarlle o alugueiro
Conferencia de prensa coa última hora da pandemia do COVID-19
En Suíza, un hotel de luxo ofrece servizos por todo o alto para pasar o confinamento
Exercicios para pasar o illamento e poñerse en forma. Axúdanos Tamara Barreiro
Falamos con Xosé Manuel Durán, presidente da asociación de veciños Raigame, Santiago. Pide solidariedade cos alugueiros e co pequeno comercio
Comprobamos se nas tendas pequenas de alimentación están ben servidos de produtos
A partir de hoxe non se pode velar as persoas falecidas e só 3 acompañantes poden acudir ao enterro
'Todo saldrá bien', canción de Jose Horta e Samuel de Arbol, tradución a lingua de signos de Tania Álvarez
Laretamos sobre o vídeo en que Santiago Segura nos explica o que vai pasar despois do coronavirus; vemos o vídeo duns cativos poñendo a mesa e tirando cun moble, e imaxes dun home no rural bailando cun carneiro ao lombo
Fotos que nos mandan @s revisteir@s
Octavio Villazala explícanos como adestrar un can e como limparlle as patas despois de saír de paseo
Falamos con José Manuel, un noiés que traballa en Londres no sector da hostalería e que estes días está confinado
Última hora desde a redacción de informativos
Sección xudicial con Tania Taboada, xornalista de 'La Voz de Galicia', e Alejandro Vega, avogado penalista: penas e multas por desautorizar as forzas de seguridade. Clausuran un local de hostalería en Ferrol que seguía aberto; prohibido saír facer exercicio; respectar a corentena se dámos positivo e a situación das residencias de maiores
Diego Viaño tráenos vento e frío para estes días de illamento
Despedimos 'A revista' deste 30 de marzo cun gran sorriso para animar o illamento