A revista
A Revista
23/03/2020 11:30 h
Índice de contidos
Comezamos 'A revista' deste luns 23 de marzo achegando propostas culturais a través das redes sociais. Tráenolas María Solar
Vídeos que nos mandan @s revisteir@s. O que se lles ben á cabeza nestes días de illamento
Explicamos como debemos quitar os guantes
Música e imaxes que amosan a situación de baleiro que están a vivir as rúas de toda España
Conferencia de prensa para informar sobre a situación actual do COVID-19
Conectamos cos reporteiros de directos: estamos en directo en Ferrol e Santiago, onde se están a facer tests de coronavirus para casos leves; analizamos a situación nos supermercados, coñecemos unha iniciativa solidaria na Coruña, onde poñen camas á disposición da xente sen fogar; contamos as medidas que se tomaron nas funerarias e vemos como está a situación en Madrid
Minutos de ximnasia, exercicios para facer na casa
Conectamos coa redacción do 'Galicia noticias', que nos contan o que están preparando para o programa desta noite
Falamos con José Manuel Busto, un gandeiro de Mazaricos que nos conta como están vivindo esta situación. Ten 900 vacas e da súa granxa saen a diario 15.000 litros de leite. Teñen falta de máscaras e produtos desinfectantes
Falamos cun galego que vive en Gante, Bélxica: Faustino Manso, doutor en Ciencias do Mar
Laretamos sobre o xeito que teñen algúns de subir o pan ás súas casas e tamén nos dan consellos de desinfección cando falta o alcol e outros produtos
Fotos que nos mandan @s revisteir@s
Falamos con Octavio Villazala, que nos explica que os animais de compañía non transmiten o coronavirus. Tamén nos dá pautas para sacar a facer as súas necesidades os cans
Desde a redacción de informativos, Mon Santiso cóntanos a última hora da pandemia sanitaria do COVID-19
Con Evaristo Nogueira, avogado penalista, e Tania Taboada, xornalista de 'La Voz de Galicia', analizamos as medidas para loitar contra a violencia de xénero, resolvemos dúbidas sobre as custodias compartidas, repasamos as multas por incumprir o estado de alarma e por difundir contos e novas falsas por Internet
Noelia Rodríguez cóntanos a información do tempo
Despedimos 'A revista' deste luns 23 de marzo convidando a un sorriso