A revista
A Revista
18/03/2020 11:30 h
Índice de contidos
Comezamos 'A revista' deste mércores 18 de marzo, con vídeos das ideas que se lle ocorren á xente con tal de saír da casa. Os cans empezan a ser grandes animais de compañía
Escoitamos unha compañeira da CRTVG que fai teletraballo
Os veciños do Milladoiro, en Ames, saen ás ventás para escoitar e bailar música tradicional galega
Escoitamos os responsables do Goberno central, que actualizan os datos do coronavirus. Xa hai máis de 13.000 persoas contaxiadas
Directo desde Madrid, onde nos amosan cal é a situación nestes momentos
Información de 'O agro'
Comprobamos como está a situación na rúa. Desde o Centro de Transfusión de sangue piden a nosa colaboración. Na fronteira entre Tui e Portugal hoxe xa non hai tantas ringleiras. Comezan a pechar os hoteis por falta de clientes. Unha empresa da Estrada doa sulfatadoras para axudar nas tarefas de desinfección. Tamén conectamos co aeroporto de Santiago Rosalía de Castro para comprobar a cancelación de case todos os voos
Abe Rábade ofrece un concerto hoxe ás 20.00 a través de Facebook, baixo o lema "Ciclo músicas de sofá especial corentena"
Falamos con Sandra Cuíña que os atende desde o illamento da súa casa
Miguel Pereira mandounos un vídeo amosando como podemos facer exercicio nas nosas casas
Falamos con Carlos Fernández, administrador de comunidades de veciños, para explicar que tamén hai que respectar as normas de hixiene nos corredores e zonas comúns dos edificios
Arrancamos unha campaña coa que queremos axudar os nosos maiores a que leven o mellor posible estes días de illamento
Falamos con Lois Babarro, do servizo de atención de maiores de Ourense. Coordinan o traballo para achegarlles comida, medicación e conversa aos nosos maiores
Última hora desde a redacción de informativos
Fotos que nos mandan os revisteir@s
Consellos para os abusos e consumo que nos facilita Miguel López Crespo, secretario xeral da unión de consumidores de Galicia
Última hora da sitaución en Madrid