A revista
A Revista
17/03/2020 12:30 h
Índice de contidos
Comezamos 'A revista' deste mércores 17 de marzo informando e acompañando @s revisteir@s nesta crise sanitaria. En directo desde a fronteira Tui-Valenca, situación nos mercados, medidas que se toman nas lonxas, os comedores sociais seguen abertos, en directo ás portas dun deles; contamos tamén a situación no mundo da Igrexa
Información de 'O agro'
Alternativas culturais en liña para pasar estes días que nos trouxo María Solar
Ana Núñez Rubines, a coordinadora do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias, deunos consellos para levar mellor estes días illados. Vemos vídeos de Nacho, un adestrador de atletismo que nos amosa exercicios para facer estes días na casa, e tamén dun home que con moito humor amosa a súa rutina diaria
O presidente da Federación Galega de Transportistas, Ramón Alonso, cóntanos cal é a situación que está vivndo o seu sector
Última hora desde a redacción de informativos
Laretamos sobre a xente que se dedica a plantar rolos de papel hixiénico e outros que os converten en xamón. Tamén botamos unhas risas co antes e o despois do noso aspecto físico ao rematar o illamento
Fotos que nos mandan @s revisteir@s
Escoitamos o vídeo que nos mandan desde a Anpa Anexo A Lomba de Vilagarcía. Falamos con Laila Nico, a mestra que argallou o vidoclip coas manualidades da rapazada
Información do tempo
Despedimos 'A revista' deste mércores 17 de marzo trasladando moito ánimo @s revisteir@s