A revista
A Revista
13/03/2020 12:30 h
Índice de contidos
Adiantamos os contidos dos que falaremos este venres 13 de marzo: peche de colexios, supermercados cheos de xente, catedral de Santiago sen visitas e situación do epicentro de España, Madrid.
Sumámonos ao reto #quédatenacasa
A cativada está sen clases, comprobamos a situación en directo. Tan só acudiron aos centros ao redor do 20%. Falamos co mestre dun instituto que nos explica como funcionan as clases 'online' e achega recomendacións ás familias para que a cativada realice tarefas escolares durante estes 14 días
Libertad Culebras, psicóloga educativa, dános pautas para explicarlle á rapazada cal é a situación sanitaria que temos agora mesmo e tamén nos ofrece alternativas e pautas para facer cos pequenos estes días
Volvemos lembrar as medidas adoptadas na catedral de Santiago pechado ao público ata novo aviso
Damos que falar sobre algunhas das medidas adoptadas: suspensión de vodas, funerais, velorios, festas, feiras, actos culturais... programas da TVG como 'Land Rober' ou 'Luar' sen público
Fotos que nos mandan os revisteir@s
Juan Gestal, médico de medicina preventiva da USC explícanos cal é a situación e achéganos as recomendacións precisas para evitar a evolución do coronavirus
Recomendacións da Consellería de Sanidade que podemos ver en www.coronavirus.sergas.gal
Comprobamos como está a situación nos supermercados galegos. Cheos de xente e con estantes baleiros. Situación innecesaria e perigosa
Sabela Romar amplíanos a situación no epicentro do coranavirus. En Madrid van pechar restaurates, bares e clausurar terrazas
Mabel Montes cóntanos como vai evolucionar o tempo nas vindeiras horas
Despedimos a 'Revista' deste venres 13 de marzo recomendando quedar na casa