A revista
A Revista
28/02/2020 12:30 h
Índice de contidos
Comezamos 'A Revista' deste venres 28 de febreiro coa visita da raíña Dona Letizia. Preside o acto de proclamación do gañador do Premio Fundación Princesa de Girona 2020
Presentamos os temas dos que daremos que falar: os produtos ecolóxicos desde Biocultura na Coruña e homenaxe aos mariscos galegos, en direto desde unha planta de procesado de ortigas de mar
Octavio preséntanos a Pepiño,o hámster siberiano que hoxe nos vai amosar
Falamos con Antonio Resines. Mañá presenta en Vilagarcía o seu longametraxe 'Historias del cine'. As 20.30 no Auditorio de Vilagarcía. Os cartos das entradas irán para axudar na investigación da Artrofia Muscular Espiñal
Damos que falar sobre os produtos ecolóxicos. Alimentación, cosméticos roupa, mobles. Puxemos sobre a mesa os pros e os contras e asistimos en directo a unha demostración en Biocultura, a feira que se celebra ata o domingo na Coruña
Laretamos sobre o novo reto viral. Atarse á cintura o cable dos auriculares para comprobar o delgados que estamos
Fotos que nos mandan os revisteir@s
Homenaxe aos reis e raíñas do noso mar. Falamos da importancia que ao longo da historia tivo o marisco e como foron cambiando os seus usos. Contounolo Xabier Castro, catedrático da facultade de xeografía e historia da USC. Tamén tuvemos platos de ostras en escabeche e ortigas que trouxo Kike Piñeiro da Horta do Obradoiro. En directo fomos ata unha planta de procesado de ortigas en Cerceda
Octavio trouxonos un hámster siberiano par amosarnos as súas características. Tamén un pastor alemán para adoptar
Diego Viaño trouxonos temporal para a fin de semana e por fin, foi quen de tocar un can grandiño no estudio
Despedimos 'A Revista' deste venres 28 de febreiro