CRTVG

Buscar

A revista

A Revista

31/01/2020 12:30 h

Índice de contidos

00:00 Comezamos 'A revista' deste venres adiantando os contidos dos que imos falar: o fútbol pé e distinguir billetes falsos de verdadeiros
08:37 Pendentes da chegada a Madrid dos españois que residían en Wuhan. Xosé Manuel Maseda cóntanos o protocolo contra o contravirus activado en España
10:34 Desvelamos quen é a persoa que está en África e coa que tentaremos conectar en directo
11:35 Coñecemos o fútbol a pé. As regras de xogo e os seus beneficios. Cóntannolos José María Rial e José María Portela, dúas das persoas que están instalando este deporte en Cangas. Falamos tamén en directo con algúns dos participantes
31:32 Como non é posible conectar en directo con Costa do Marfil, escoitamos o vídeo que nos mandou Octavio Villazala relatándonos a complicada situación do país. Escoitamos e vemos algunhas das súas vivencias, acompañando a ONG Egueire
38:32 Laretamos sobre a experiencia solidaria de Octavio en África, sobre o desfile de Pertegaz na Fashion Week, dirixido polo galego Jorge Vázquez e sobre un moucho que comeu tantos ratos que tiveron que poñelo a réxime para que puidese volver a voar
48:09 Dámoslle grazas á audiencia por facernos líderes, superando todas as canles nacionais
49:00 Fotos que nos mandan @s revisteir@s
50:05 Aprendemos a distinguir os billetes falsos dos verdadeiros. Tivemos no estudio uns que nos custou descubrir que non tiñan validez ningunha. E moito ollo, que tamén nos poden coar moedas falsas. Deunos as claves Alejandro Ríos, detective e perito grafólogo
01:08:15 Diego Viaño anuncia un domingo case primaveral
01:11:13 Despedimos 'A revista' coa incerteza de se levamos na man billetes falsos ou verdadeiros
 

Atopar capítulo por: