A revista
A Revista
17/01/2020 12:30 h
Índice de contidos
Comezamos 'A revista' deste venres 17 de xaneiro comprobando como se van recuperando algunhas vilas despois do paso do temporal. Adiantamos temas dos que falaremos: a necesidade de aparellos para a seguridade infantil e os grupos de WhatsApp de pais e nais
Octavio Villazala descóbrenos o animal co que nos sorprenderá este venres
Repasamos a máxica noite de Loly Gómez no 'Land Rober', salto de cama, amante e ovo con vinagre polos seus revisteir@s
Falamos sobre os aparellos de seguridade para evitar que a rapazada se manque. Tróuxonos as recomendacións Abelardo Martínez, presidente de Atesugal-Fetevi Galicia. Fomos ata unha tenda para equiparnos
Laretamos sobre as patacas Bonilla a la Vista, que están triufando en Corea, mesmo foron protagonistas dunha película candidata aos Óscar
Felicitamos un revisteiro que está de aniversario e vemos as fotos que nos mandan os nosos espectadores
Damos que falar sobre os grupos de WhatsApp de pais e nais. Os consellos viñeron da man da profesora de socioloxía da UDC Matilde Massó. Escoitamos tamén a voz da presidente de AMPA da provincia da Coruña e a do defensor do profesor
Descubrimos con Octavio Villazala que aos camaléons lles encanta arrastrarse polos pelos ata o alto das cabezas
Mabel Montes fálanos da tregua deste venres e do temporal que se aveciña
Rematamos 'A revista' deste venres xogando co camaleón que non para de moverse